O Partido Popular lamenta que PSOE e BNG votasen en contra de facer un estudo para determinar as zonas brancas de fibra óptica na zona rural de Lugo co ánimo de ampliar o Plan de despliegue de fibra óptica do Ministerio”.
Nos últimos días a concelleira e gobernanza, Dª. Paula Alvarellos, firmaba o decreto que da luz verde ao Plan de Despliegue dunha rede de acceso de nova xeración baseada na arquitectura de fibra ata o fogar, tendo como ámbito unha serie de entidades singulares situadas en diferentes núcleos rurais de poboación pertencentes ao Concello de Lugo, presentado por Telefónica de España.
Este Plan inclúe unha serie de núcleos rurais do Concello de Lugo pero deixa moitos fora desta programación. Se ben é certo que Lugo é un Concello cunha elevada extensión de terreo, non é menos certo que non se debería tratar aos veciños das diferentes parroquias con diferencias substanciais nos servizos que se lles ofrecen. Non parece oportuno deixar en mans da empresa privada a decisión de qué núcleos serán bendicidos cos servizos ofertados, senón que debería ser o Goberno quen exercese a súa autoridade e demandase o servizo con criterios de igualdade e facendo que este sexa extensible ao maior número de usuarios posible.
Estamos ante un Plan que fai referencia a unha limitada relación de zonas de despliegue pero que recolle a posibilidade de amplialas, é aquí onde este Grupo demanda do Concello de Lugo un estudo que determine con criterios obxectivos (non de rentabilidade ou empresariais) cales son as zonas que precisan deste servizo, con rigor e sensibilidade. E unha vez obtidos todos estes datos, levar a cabo todas as xestións posibles coas operadoras, de cara a que se garanta a cobertura de fibra óptica en todos os núcleos de poboación, para elo pódese recorrer a incentivos fiscais, bonificacións, así como as xestións oportunas dende os departamentos municipais, para implicar ás compañías distribuidores neste obxectivo
Os tempos de pandemia deixan tras de si cambios sociais que requiren dunha resposta por parte das administracións. Así, o éxodo de persoas cara o rural e as segundas vivendas durante o confinamento debe ser entendido como unha oportunidade de facilitar nestas zonas un asentamento poboacional que demanda servizos como internet para poder traballar e ter o mesmo acceso á prestación que os núcleos urbanos.
Pero non só se trata de “facer vida” no rural, tamén debe ser unha oportunidade para o emprendemento. O acceso á fibra óptica permite que casas rurais, ganderías, cooperativas ou calquera outra iniciativa, podan competir no mercado en igualdade de condicións a aquelas que se atopan nas cidades ou polígonos industriais.
Por todo elo o Grupo Municipal do Partido Popular, que subscribe esta proposición, considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acordo
- Realizar un estudo integral sobre a cobertura da rede de fibra óptica na zona rural do municipio de Lugo, no que se determine as necesidades dos diferentes núcleos de poboación.
- O Concello de Lugo, en base aos datos obtidos, levará a cabo todas as medidas e xestións posibles para esixir, incentivar e fomentar que as compañías distribuidoras de fibra, faciliten o acceso á fibra óptica ao maior número posible de veciños do noso municipio.