Os populares ven insuficientes os mínimos cambios introducidos nos pliegos do contrato para captar fondos europeos, xa que estas mínimas novidades non impiden que poida ser beneficiaría a empresa madrileña encargada de crear a folla de ruta para captar estes investimentos
No Grupo Municipal do Partido Popular seguen a estudar con detalle todos os contratos relacionados cos fondos europeos e, se nas últimas semanas a concelleira Mar Carballas poñía sobre a mesa un posible caso de contrato a dedo adxudicado por alcaldía, hoxe retoma o mesmo contrato para afirmar que “os mínimos cambios introducidos nos pregos non impiden que a empresa madrileña que realizou a folla de ruta deste contrato siga a ser beneficiada”.
Sinala Mar Carballas que “non semella ético” que unha empresa reciba un contrato para realizar os pregos dunha contratación e que esa mesma empresa se poida optar a ese contrato, xa que “ao elaborar a folla de ruta do mesmo coñece á perfección o contrato polo que parte cunha clara vantaxe”.
Os mínimos cambios introducidos son:
– agora nos pregos xa se reflicte o nome da empresa madrileña que creou a folla de ruta deste contrato para a captación de 200.000€ de fondos europeos
– ampliar o prazo de presentación de ofertas de 15 a 20 días naturais
– repetir en varias ocasións durante os pregos expresións do tipo “medidas antifraude”
Se Lara Méndez quere garantir de verdade que non haxa ningún tipo de sospeita sobre este contrato “quizais o máis ético é que a empresa que realizou os pregos non poida optar a conseguir o contrato”.