Zona rural

O PP homenaxea a Manolo do rural cun multitudinario encontro apelando ao compromiso e á fortaleza da xente da zona rural

By 5 Xuño, 2022Sin comentarios

O Partido Popular recuperou este domingo o tradicional xantar do rural tras dous anos sen celebrarse por mor da pandemia e que contou coa asistencia de 300 colaboradores das 54 parroquias do municipio

O Presidente da Xunta local do PP foi o encargado de dar á benvida aos case 300 veciños e veciñas das 54 parroquias de Lugo que asistiron a este encontro de confraternidade.

Neste xantar ademais dos cargos autonómicos, nacionais e locais participaron a practica totalidade dos exalcaldes e exvoceiros do grupo popular dos últimos anos. “Todos acoden para sumar” manifestaba Carballo quen destacou que “o PP é un partido comprometido e sólido que traballa para ofrecer respostas aos problemas dos lucenses fronte a un bigoberno de Lugo que o único que lle importa é manter a coalición para seguir pisando moqueta”.

Ramón Carballo manifestou que “ademais de celebrar un encontro entre amigos, esta xuntanza serviu de espazo para lembrar, todos xuntos, a colaboradores dazona rural que xa non están conosco” personalizando a súa perda na figura de Manuel López, o concelleiro que se encargaba ata finais do ano 2021 da zona rural.

O popular manifestou que “sen el non está a ser o mesmo pero tamén sabemos que no PP, tal e como fai a xente do rural, sabemos repoñernos e iso nos dará forza para seguir defendendo os dereitos que tedes todos os que vivides na zona rural de Lugo. Ese é o compromiso que lle gustaría a el, e ese é a mellor homenaxe que hoxe lle podemos facer”.

Precisamente, o momento máis emotivo foi a entrega do II Premio Serafín Souto a título póstumo á filla do concelleiro finado. O seu compañeiro, o vicevoceiro do Grupo Municipal, Antonio Ameijide  referiuse a Manolo do rural como “un home sinxelo, discreto e alegre. Manolo era boa xente, dos que buscaba consensos e evitaba  conflitos. Ameijide concluía que afirmando que “del aprendemos esa cualidade tan necesaria hoxe como é a capacidade para chegar a consensos sen necesidade de insultos”. “Así era o noso Manolo do rural que disfrutaba cando ía as vosas casas e compartía  os vosos problemas e as vosas alegrías coma un máis da familia. El nos contaxiaba a todos o orgullo de ser do rural”.

A Presidenta Provincial do PP de Lugo referiuse aos colaboradores que se achegaron a este xantar de confraternidade como “xente razoable e de palabra, á que non lle gusta o ruído, nin converter a política nun espectáculo”.

Elena Candia agradeceu a súa  fidelidade “nunca nos fallais” defendendo que “mentres outros partidos políticos, esquécense das súas xentes e só se acordan por modas de revalorizar o rural, o PP sempre tivo claro de onde vén e cales son as súas raíces”.

“O rural está no ADN do PP e, como sabedes, no meu particular. Isto significa ademais que non falamos de espazos vacíos, senón de parroquias e aldeas cheas de oportunidades e de xente moi valente. Nós sentimos o rural, como o sentía, por exemplo, o poeta do Courel, Uxío Novoneyra: “a inviabilidade do rural é a invabilidade de Galicia” e, eu engado, “a inviabilidade do rural é a inviabilidade de Lugo”

Candia tamén lembraba ao concelleiro finado “moitos sentimos hoxe morriña de colaboradores e familiares que xa non están con nós, pero ao igual que estamos aflixidos sabemos que no Partido Popular somos capaces de adaptarnos a calquera situación e que temos fortaleza suficiente para recuperarnos”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies