Servizos sociaisTráfico

O PP non entende a negativa do goberno local a mellorar a sinalización e localización das prazas de aparcamento para persoas con mobilidade reducida

By 27 Outubro, 2022Sin comentarios

Durante o debate, os populares demostraron que hai moito que mellorar neste eido e presentaron unha foto de dúas prazas que hai diante da Casa Clara Campoamor onde hai varias entidades cuxos usuarios teñen problemas de mobilidade. As prazas que si están sinalizadas verticalmente están borradas con asfalto por riba.

A contaminación acústica e ambiental, o consumo excesivo de recursos e a ocupación extensiva son algunhas das causas do deterioro do ambiente urbano. Este proceso, que está a afectar a moitas cidades na súa evolución causa ao mesmo tempo distorsións sociais e culturais na vida urbana, tales como perigo e risco nas rúas, ruptura funcional dos espazo públicos, redución da comunicación veciñal e a perda de autonomía dos grupos sociais máis débiles.

Para contrarrestar estes efectos adversos xurde a necesidade dun desenvolvemento realizado a través dun mínimo deterioro dos recursos naturais e da preservación dos mesmos, vinculando este proceso coa mobilidade sostible.

A mobilidade sostible implica a mellora de calidade de vida urbana, algo que se pode lograr a través do aumento planificado dos servizos básicos para a poboación, mellorando as condicións de habitabilidade e conquerindo, en definitiva, a redución dos efectos adversos do crecemento urbano e logrando a sustentabilidade social, é dicir, garantindo a equidade, a autonomía, a comunicación social e a igualdade entre todas as persoas.

Lugo debe loitar por alcanzar a accesibilidade universal, pero por desgracia isto está lonxe todavía. Unha contorna que facilite o desenvolvemento e uso do mesmo por calquera persoa baixo os principios de comodidade, seguridade e autonomía persoal debe ser una prioridade para calquera goberno. As vías públicas, prazas, parques, xardíns, sistemas de transporte, etc. deben formar parte dun proxecto de mobilidade accesible que inclúa sinalización informativa e dispositivos que faciliten a comunicación sensorial, de xeito que sexa accesible a toda a poboación.

É o momento de avanzar cara una mobilidade accesible na cidade. Non son precisos proxectos excesivamente ambiciosos, simplemente un planeamento estudiado minuciosamente con plantexamentos que permitan avanzar progresivamente pola senda da accesibilidade de xeito que non quede ninguén polo camiño do desenvolvemento urbano.

Un claro exemplo dunha actuación necesaria na cidade son as  prazas de aparcamento para persoas con mobilidade reducida, que deberían ser de uso exclusivo para estas persoas, pero este colectivo non só se atopa con problemas a diario co uso inadecuado das mesmas, senón que en moitas ocasión estas prazas presentan problemas de accesibilidade que fan moi complicado o seu uso por parte dos usuarios, as veces incluso por descoñecemento da súa ubicación.

Co obxectivo de facilitar a estas persoas o aparcamento e con isto facer a nosa cidade atractiva e cómoda para este colectivo de persoas, faise preciso ampliar o número de prazas de aparcamento dispoñibles, pero tamén a mellora da sinalización das mesmas de cara a facilitar a súa ubicación e uso.

Lugo debe diferenciarse por ser unha cidade acolledora e amable cos visitantes, por isto é preciso tomar medidas que humanicen a cidade en todos aspectos, entre eles dando garantías a aquelas persoas que pola súa condición de dependencia precisan que as prazas de aparcamento estén dotadas dunhas dimensións e características que lles permitan o uso fácil e autónomo das mesmas.

Este colectivo, o de persoas con mobilidade reducida, vese moi perxudicado pola falta de sensibilidade que fai o seu día a día máis complicado do que xa de por sí é. Lograr o respecto da normativa é de vital importancia para estas persoas e darlles instrumentos que faciliten a súa mobilidade é de xustiza. É por iso que medidas como o acceso a un plano da cidade que indique as prazas de aparcamento é una medida sinxela pero que pode axudar moito. Tamén se pode ir un pouco máis aló elaborando una App que non só indique onde hai una praza de aparcamento, senón que indique a súa disponibilidade. E por suposto aproveitas as novas tecnoloxías e plataformas dixitais de mapas e navegadores (Google Maps, Maps…), para volcar esta información nelas e garantir a mellor información aos lucenses e a quen nos visita.

Por todo isto, o Grupo Municipal do Partido Popular, que subscribe esta proposición, considera de interés municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde:

  1. Elaborar un planeamento de accesibilidade da cidade, tomando en consideración as prazas de aparcamento para persoas con mobilidade reducida, incrementando o número das mesmas e facilitando información en tempo real da súa ubicación edispoñibilidade a través dunha APP
  2. Fomentar a acollida de visitantes e turistas facilitando mapas que indiquen as zonas de aparcamento, facendo especial fincapé na ubicación das prazas para persoas de mobilidade reducida, incluir esta información en plataformas de mapas online e navegadores (Google Maps, Maps…)
  3. Facer un estudo da accesibilidade destas prazas de aparcamento, garantindo en todo momento o uso por parte das persoas usuarias das mesmas e buscando aquelas ubicacións máis axeitadas para estas persoas.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies