Infraestruturas

O PP afirma que o bloqueo do BNG á Ronda Leste débese a que está secuestrado por asociacións afíns

By 23 Febreiro, 2023No Comments

Ramón Carballo afirmou no pleno desta mañá que Rubén Arroxo usa a Ronda Leste “unicamente con intereses electoralistas” despois de ver como dende que é vicealcalde “perdeu o seu espírito reivindicativo na defensa das costas do parque e o derrubo do Garañón”

A Rolda Leste é unha infraestrutura parcialmente executada, que discorre integramente no termino municipal de Lugo, configurando un anel de circunvalación da cidade xunto coas N-640 e N-6.

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, recibiu recentemente o proxecto de trazado de prolongación da Rolda Leste, dende a glorieta da estrada de Fonsagrada (LU-530) ata a glorieta da Avda. Madrid coa N-6. Unha vía moi demandada por diferentes colectivos da cidade e un compromiso firme da Xunta de Galicia que permitiría pechar o anel de circunvalación, axudando a eliminar tráfico de vías como a do Rato ou a Avda. Fontiñas e que permite establecer o nexo de comunicación principal co Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), que é o centro sanitario de referencia para toda a provincia.

A nova vía, que completa o tramo inicial xa construído entre A Campiña e a estrada de A Fonsagrada, prevé dous carrís por sentido separados por unha mediana, incluíndo dous pasos superiores e tres inferiores, e un viaducto de 120 metros sobre o río Rato e o seu parque.

Estamos a falar dunha infraestrutura clave para o crecemento da cidade que permite vertebrar de norte a sur os desprazamentos e reducir a densidade de tráfico. Un paso máis na comunicación e nunha infraestrutura imprescindible para o desenvolvemento da cidade.

Por todo isto, o Grupo Municipal do Partido Popular, que subscribe esta proposición, considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde:

Que o Concello de Lugo apoie a construcción por parte da Xunta de Galicia da infraestructura viaria denominada Rolda Leste dando cumprimento a toda a normativa local e sectorial de aplicación.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies