Urbanismo

O PP di que o solar de Miguel de Cervantes que ía ser unha zona verde é agora “unha selva”

By 10 Marzo, 2018Marzo 12th, 2018Sin comentarios

A vicevoceira do Grupo Municipal do PP Ana López Pombo lamenta a desidia dos socialistas que o único que fixeron polos veciños desta zona é pechar un solar municipal no que tería que haber unha zona verde para a cidadanía, o que demostra que nos últimos anos os socialistas se esqueceron desta zona da cidade

A vicevoceira do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Ana López Pombo, denuncia a situación na que se atopa un solar municipal na rúa Miguel de Cervantes no que os socialistas anunciaron que se crearía unha zona verde pero que, agora mesmo, “é unha selva”.

Ana López Pombo asegura que a única actuación que o goberno local realizou alí foi construir un muro de contención na parte inferior do solar e pechar a parte superior con outro muro para evitar que calquera accedese ao solar ou se caese, por mor do desnivel que presenta o solar. A popular destaca que os socialistas o único que fixeron foi “enterrar” os 37.120€, que foi o orzamento da intervención, para colocar dous muros e pechar o solar aos cidadáns que, a día de hoxe, seguen sen poder disfrutar dunha zona verde nesta zona da cidade.

A vicevoceira popular fai público o descontento dos veciños da zona que seguen agardando a que se abra á cidadanía esta zona verde que prometeron os socialistas no ano 2010 e que, a día de hoxe, “é un soño máis que unha realidade”. Por iso, os populares pedirán en comisión que se mellore a imaxe deste solar e se acondione para o uso que inicialmente tiña previsto para así dar a posibilidade aos veciños de empregar esta zona como punto de encontro e de ocio.

Ana López Pombo recorda que neste solar se tería que realizar unha obra de rexeneración para crear unha zona verde para adaptala a uso público, unha actuación que tiña 37.120€ de orzamento e un prazo de execución de tres meses. O proxecto contemplaba o acondicionamento do terreo e pese a estar a obra pagada ao 100% o único que se fixo foron os dous muros xa mencionados, quedando patente “que non se adaptou ao uso público”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies