Infraestruturas

A asociación veciñal e o Partido Popular demandan máis investimento municipal no barrio da Residencia

By 21 Xullo, 2024Sin comentarios

Domingo, 21 de xullo de 2024.

A asociación de veciños da Residencia e o Grupo Municipal Popular demandan máis investimento municipal no barrio logo de explicar nunha reunión informativa, coa que dan continuidade aos encontros veciñais e á súa escoita activa, o inminente comezo das obras pendentes por parte do Concello que son un compromiso adquirido dende o 2018.

Os populares consideran a obra anunciada “insuficiente” porque “queda sen mellorar unha importante parte” da contorna da área cos novos servizos no barrio da Residencia; de feito, esquecen a rúa Poeta Crecente Vega”.

Para a portavoz, Elena Candia, esta é “unha situación absolutamente inadmisible desde o punto de vista da imaxe, pero tamén da seguridade”.

Veciños e concelleiros do PP demandan, igualmente, que se cumpran os compromisos que se asumiron por parte do goberno local co barrio: avanzar na nova Comisaria, “da que nada se soubo logo do anuncio de febreiro”.

Sobre este punto, os representantes do Partido Popular informaron que levarán unha pregunta a pleno para obrigar ao goberno local a dar resposta.

O barrio tamén demanda reformar e cubrir o parque infantil, a creación dun parque biosaudable e melloras en varias rúas.

IMPORTANTE INVESTIMENTO DA XUNTA NO BARRIO

O PP repasou o importante investimento da Xunta de Galicia no barrio, a semana que participou nunha xornada de portas abertas na residencia organizada pola asociación e tamén sinalaron o bo avance do aparcadoiro disuasorio

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies