23 novembro 2024.
- Os veciños da Calzada da Ponte séntense esquecidos polo bipartito municipal e atopan que algunha das actuacións en materia de mobilidade que se acometeron son froito da improvisación
- Dende o PP queremos facernos eco das reclamacións veciñais nesta rúa tan céntrica e importante da cidade que están a sufrir as consecuencias de decisións pouco meditadas e razoadas por parte do goberno bipartito. Un exemplo máis de que se invirte pero non se mellora
- Humanizar non é gastar en cambiar o pavimento. Trátase de deseñar a mobilidade dos espazos para unha boa convivencia e mellora da calidade da vida dos lucenses.
- A mala planificación do goberno de PSOE e BNG acaba tendo consecuencias negativas que intentan correxir con improvisación como a colocación dun bolardo para tentar atallar o tráfico nun extremo da calzada.que provocou o aumento do tráfico na outra parte da rúa, que soamente é de acceso teórico para residentes, pero especialmente na hora de saída dos colexios, convértese nunha rúa con máis tráfico que nunca.
- Dende o PP reclamamos que se adopten as medidas necesarias de control de tráfico nesta zona da cidade.
- A recolocación dos colectores do lixo, que elimina prazas de estacionamento de residente, a falta de aseo, limpeza e mantemento viario e as incumpridas promesas do goberno municipal de incorporar mobiliario urbán son outras das reclamacións veciñais dos que os concelleiros do grupo municipal queren facerse eco tras reunirse cos veciños da Calzada da Ponte.