Economía

A Conta Xeral do Concello de 2023 manifesta “un dramático deterioro da saúde económica municipal”

By 12 Setembro, 2024Sin comentarios

Elena Candia: “No informe de intervención se advirte da deriva ó precipicio ao que está levando ao Concello de Lugo a xestión socialista e nacionalista”

 

XOVES 12 DE SETEMBRO DE 2024

 

  • Son unhas contas que non están equilibradas porque gastan máis do que ingresan. O Concello recoñece obrigacións (gastos) por 114.173.312,67 euros, mentres que sus ingresos foron de só 99.671.222 euros o que xera un déficit de financiamento de -14.502.088,67 euros, que se reduce a case 5M€  euros tras axustes contables.

 

  • As cifras da Conta Xeral certifican que “non está garantida a prestación de servizos porque PSOE e BNG continuan cunha debacle de incremento de gasto sen equilibrar ingresos cando a maneira de protexer os servizos é garantindo a súa continuidade e non poñelos en perigo coa súa xestión”.

 

  • Para cubrir este déficit, o Concello sigue sobrevivindo grazas aos remanentes que a normativa de Rajoy, que tanto criticaron, lles obliga a ter destacando que recurriron aos aforros acumulados en anos anteriores

 

IMPOSTOS OCULTOS

 

  • Elena Candia tamén dixo estar preocupada “polos impostos ocultos cos que está gravando á cidadanía” indicando que o goberno local recadou por infraccións urbanísticas, tributarias, de ordenanzas ou multas e sancións 146.949,02 € máis co ano 2022.

 

  • A popular tamén explicou que “o descenso da recadación por licenzas urbanísticas e de apertura de establecementos, que baixou con respecto ao 2022 en 87.667,64, confirma que as as medidas que puxo en marcha o goberno local para corrixir o servizo de urbanismo seguen sen dar os seus froitos e, se nos guiamos polas cifras, seguimos indo a peor”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies