TráficoTransparencia

A improvisación na mobilidade do casco histórico reflicte a falta de xestión do PSOE e BNG: “meses de retraso e incertezas”

By 21 Novembro, 2024Sin comentarios

O goberno local vén de anunciar o aumento de zonas de carga e descarga no centro como solución ao malestar provocado pola súa propia falta de planificación na implantación das Zonas de Baixa Emisións. Estamos diante dunha decisión que chega tarde, que é incompleta e que evidencia unha xestión marcada pola reacción e non pola previsión.

Os populares destacan a importancia de deseñar medidas adecuadas para garantir a accesibilidade nas ZBE, subliñando que este proceso debe ser serio, rigoroso, fundamentado no consenso e desenvolvido con total transparencia.

Dende o grupo municipal popular acusan ao bipartido de que “nin escoita aos veciños, nin pensa nos intereses da cidade e que ignoran cuestións importantes para o sector que segue a ter o problema da rixidez de horarios e as limitacións de tamaño dos vehículos

Tamén é chamativo que o goberno local deixase fóra da reunión un sector esencial, en alusión a que non se convocou aos representantes da paquetería

Dende o Partido Popular queremos tamén lembrar que presentamos as nosas propostas para mellorar a mobilidade no casco histórico o pasado 16 de outubro e que o bipartito, tamén incapaz de escoitar á oposición, non tivo a ben sentarse con nós para poder, alomenos, debatilas.

Tendo en conta que o goberno local mantivo reunións coas empresas de transportes no mes de maio e que agora, a piques de rematar o ano, non ten avanzado na solución dos problemas que se lle presentaron consideramos que “esta falta de planificación só pode provocar máis problemas e atrasos a mobilidade do futuro do noso casco histórico”

Asemesmo preguntámonos que decisión vai adoptar o concelleiro de mobilidade, Rubén Arroxo, diante desta situación, lembrando que o 21 de maio de 2024  asinou un decreto limitando o acceso de vehículos ás ZBE cun peso maior de 3.500 kg sen dar alternativas aos colectivos afectados e, nese senso, plantexan aos nacionalistas se nas alegacións á ordenanza que se está a preparar van presentar propostas na liña do marcaba este decreto

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies