Sen categoría

A mala xestión do BNG asfixia a mobilidade en Lugo mentres culpa á Xunta dos seus propios erros

By 2 Xaneiro, 2025Sin comentarios

O grupo municipal do PP lembra que a mobilidade é unha competencia exclusiva municipal e os problemas de aparcamento afectan a toda a cidade

  • O grupo municipal do PP de Lugo desminte as acusacións do BNG sobre a apertura de aparcadoiros e lembra a súa disposición para colaborar co Concello
  • O modelo de mobilidade impulsado polo BNG xera atascos, elimina prazas de aparcadoiro e prexudica á veciñanza e ao comercio local na cidade.

A concelleira, Mar Carballas lembrou a carta que o delegado da Xunta de Galicia, Javier Arias trasladou formalmente á alcaldesa, Paula Alvarellos, o pasado 9 de decembro, na que ofrece a sinatura dun convenio para regular o uso destes aparcadoiros fóra do horario lectivo, e no que subliñaba que é imprescindible plasmar por escrito as condicións de utilización e as responsabilidades que asume cada parte, co obxectivo de garantir a seguridade xurídica e o bo funcionamento da medida, polo que se non están abertos a día de hoxe e por culpa da Alcaldesa e do seu Concelleiro de Mobilidade, Rubén Arroxo.

O PP reitera que é necesario un cambio nas políticas de mobilidade que Ruben Arroxo leva aplicando dende que está no goberno. “Pretender que abrir os aparcadoiros dos institutos resolva os problemas de aparcamento en Lugo é facer demagoxia e simplificar un problema moito máis profundo. As acusacións do BNG son un intento descarado de desviar a atención dos seus propios erros de xestión no Concello”, sinalou Carballas.

O modelo de mobilidade do BNG: máis problemas e menos solucións

Dende o PP xa se denunciou que o modelo de mobilidade impulsado polo BNG está a provocar graves problemas en Lugo. A peonalización desordenada, a redución de prazas de aparcadoiro e a falta de alternativas efectivas xeraron unha situación de caos na cidade, prexudicando tanto á veciñanza como ao tecido comercial.

“O BNG está a aplicar medidas sen planificación nin diálogo cos sectores afectados. As peonalizacións poden ser positivas, pero non poden levarse a cabo a costa de colapsar o tráfico, eliminar aparcadoiros e crear máis problemas dos que se resolven. Esta é a realidade que hoxe sofren os lucenses”, explicou a concelleira.

O PP aposta polo consenso e as solucións prácticas

“O BNG debería asumir a responsabilidade de gobernar en beneficio da cidade e non aproveitar os problemas que eles mesmos xeran para facer oposición á Xunta” concluíu Mar Carballas.

 

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies