Urbanismo

A modificación do PXOM no Garañón é unha solución tardía, disfrazada de propaganda verde para resolver un problema creado pola política de urbanismo á carta do PSOE

By 27 Xaneiro, 2025Sin comentarios

A alcaldesa de Lugo quere facer crer aos lucenses que transformar O Garañón nunha zona verde é un logro, pero a realidade é ben distinta. O que a alcaldesa Paula Alvarellos presenta como un avance é, en realidade, a culminación  da política de urbanismo á carta que cociñou en Lugo o que hoxe é o secretario xeral dos socialistas de Galicia, Xosé Ramón Gómez Besteiro durante a súa época como concelleiro de urbanismo.

A alcaldesa de Lugo, compañeira de partido, é a culpable dunha serie de retrasos para executar esta tramitación.

Contexto.-

En 2020, a entón concelleira de Urbanismo, Paula Alvarellos, que hoxe é a alcaldesa de Lugo contratou unha asistencia técnica para a modificación do PXOM, cun custo de 24.590 euros e un prazo de execución de 25 meses. Ese prazo vencía en decembro de 2022, pero a aprobación inicial deste proxecto non chega ata xaneiro de 2025. A propia alcaldesa debe explicar cal foi a súa responsabilidade nesta demora.

O Partido Popular foi o primeiro en solicitar a modificación do PXOM no ano  2017, e propuxo no Pleno municipal dar solución a este espazo tras a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que anulaba parte do PXOM. Esa proposta foi aprobada, pero o PSOE votou en contra e tardou oito anos en cumprir ese acordo. tender as necesidades da cidade.

Outra cuestión por resolver para que esta parcela sexa unha zona verde ten que ver coa propiedade dos terreos xa que a zona onde estaban as torres do Garañón teñen un propietario privado e o Concello deberá adquirila ou expropriala, o que suporá un custo moi elevado para as xa castigadas arcas municipais. Segundo valoracións previas dos propios técnicos municipais, ese custo pode superar varios millóns de euros. (A modo de referencia, recentemente valorouse unha parcela municipal de 3.000 m² por máis dun millón de euros. Se consideramos que a parcela de O Garañón tiña unha edificabilidade de 19.500 m², o custo para os lucenses podería ser astronómico).

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies