Tráfico

A sinalización provisional da ronda da muralla provoca inseguridade, confusións e invasión dos vehículos no carril peonil

By 29 Agosto, 2020Agosto 31st, 2020Sin comentarios

O Grupo Popular afirma que os conos de obra que se colocaron na ronda da muralla para peonalizar un carril continúan provocado confusións aos conductores e perigo para as persoas, xa que “non hai día no que non vexamos automóviles circulando polo espacio reservado para os peóns”.

Os populares advirten que co inicio do curso escolar quedará en evidencia a chapuza desta “peonalización en falso” xa que non hai ningún plan de tráfico que dé alternativas aos conductores que, en pleno mes de agosto e con menos densidade de vehículos, sufren atascos a diario en determinadas confluencias da Ronda da Muralla.

Os populares lamentan que o BNG pretenda institucionalizar un carril peonil que, tal e como está sinalizado, supón un risco para os peóns e unha chapuza estética para a Muralla.

Dende o PP o que lle pedimos ao bigoberno é que “dunha vez por todas adopte unha decisión que de seguridade aos peóns, alternativas ao tráfico e a mobilidade e que non atente contra a imaxe dun patrimonio da humanidade como a Muralla de Lugo”. o

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies