#LugoaExame

A xuntanza entre o presidente da Xunta e a alcaldesa pon de manifesto que a Xunta de Galicia aposta por Lugo ante un goberno sen proxecto, sen ideas e cun déficit de xestión alarmante

By 11 Xullo, 2024Sin comentarios
  • Para a voceira popular Elena Candia “o presidente Rueda veu a Lugo cos deberes feitos e con demandas para o goberno mentres a alcaldesa veu dar mostra da súa falta de traballo o que conleva unha lentitude difícil de explicar en proxectos de gran importancia para a cidade”

 

MÉRCORES 10 de XULLO DE 2024

 

SAGRADO CORAZÓN:

A Xunta de Galicia leva esperando por unha parcela para o centro de saúde do Sagrado Corazón dende o ano 2021. A administración autonómica é a única que aposta por este barrio senlleiro da nosa cidade e que precisa dunha aposta firme. Despois de facer o colexio, leva catro anos esperando polos terreos e, o máis grave é que aínda non está feita a permuta con Abanca, é dicir, o Concello está a dispoñer dunhas instalacións das que non é titular e amosando unha total deixadez, despreocupación e mala xestión neste proxecto.

 

 

VIVENDA:

A falta de vivenda pública en Lugo débese fundamentalmente á mala xestión do goberno municipal. Hai meses que os grupos municipais acordaron distribuir a vivenda pública por distintos barrios da cidade para evitar “guetos”. Máis de 15 meses despois a Xunta segue a espera dos terreos para iniciar a construcción, a pesar de ter informado da prioridade de levar a cabo dita construcción pois os fondos comprometidos poden perderse.

 

AS GÁNDARAS:

Unha vez máis ponse de manifesto que o goberno municipal cando rectifica acerta. A pesar de votar en contra de propostas do grupo municipal alégranos saber que as lee, reflexiona e rectifica. Que no día de onte plantee  a necesidade do aparcadoiro para transportistas nos polígonos industriais (presentado a pleno polo PP), pon de manifesto que se trata dun bo proxecto para a cidade e que a pesar, de que no seu día criticamos a postura do goberno, hoxe aplaudimos o seu cambio de criterio.

 

PLAN PARADAI:

Compre recordar que por fin sairon as verdades e se coñeceu quen tiña paralizado o proxecto. Non foi ata que a mentira xa non se podía conter, cando o Concello recoñece a verdadeira situación deste Plan. O Grupo Municipal xa amosou á veciñanza e ás asociacións a realidade deste plan manifestando que seguiría loitando por un proxecto estancado por non impulsar a cesión dos terreos ou a proposta para poder avanzar na reforma da calzada das Gandaras, que despois de tantos anos estaba estancada no Concello

 

FONTIÑAS:

Outra rectificación para amosar que cando cambia de criterio acerta. Despois de votar en contra no pleno municipal, fai seu un proxecto respaldado por firmas da veciñanza que levan anos demandando aparcadoiros públicos. Aplaudimos que faga súas as nosas propostas porque o Lugo que queremos faise entre todos. Está ben pedir a colaboración doutras administracións pero o concello debe mellorar a súa xestión, neste caso non aporta nin proxecto, nin orzamento nin nada.

 

INSTALACIÓNS DEPORTIVAS:

A alcaldesa presenta a necesidade de instalacións deportivas mentres o concelleiro de deportes manifesta que o pavillón que licitaron, e para o que redactaron un proxecto non é unha prioridade para a cidade. Unha clara manifestación da falta de rumbo da política municipal en materia deportiva. Por un lado precísanse instalacións deportivas pero por outra, as que proxectadas non se executan.

Por outra banda, a petición que realiza, amosa un total descoñecemento da realidade municipal xa que o polideportivo dos institutos xa se está a empregar en horario non lectivo, despois dun acordo acadado gracias á implicación dos clubes e dos centros. Unha negociación na que o concello se puxo de perfil a pesar de ter a demanda riba da mesa dende hai moito tempo

 

A MILAGROSA:

Agardamos que esta demanda sexa o inicio dunha fronte común para acadar os fondos necesarios e levar a cabo as medidas que este barrio precisa. O plan de ERRP que se aprobou fai escasos meses precisa dunha convocatoria que no marco actual precisaría de máis prazos e mais fondos do goberno central. Unha vez máis ponse de manifesto o motivo da insistencia do GMPP na importancia da materialización das promesas realizadas nos anos 11, 15, 19 e 23 que non se materializaron e esto conlevou a unha importante perda de oportunidades para uns barrios que ano a ano se foron deteriorando ante a total pasividade do goberno municipal

 

ROLDA LESTE:

Un novo cambio de criterio xa que o pasado mes, no pleno, o Grupo Municipal Socialista votou a favor de que a partida la Rolda Leste se destinase á Tinería para, no día de onte, indicar que o concello de Lugo non vai a renunciar a este proxecto valorando a súa necesidade.

Parece que o pacto de goberno fai que a sra. Alcaldesa teña que cambiar de criterio en función do escenario. O Grupo Municipal do Partido Popular segue a defender o consenso para un proxecto importante para a cidade.

 

CUARTEL DE SAN FERNANDO:

O presidente rueda ratificou o compromiso acadado na reunión. A anterior alcaldesa, acompañada da actual, no seu papel de voceira, propuxeron na anterior reunión co presidente da Xunta un acordo que non foron quen de cumprir. Unha mostra más da desidia ante proxecto importantes. A forma de traballar para acadar a restauración do Cuartel de San Fernando e dotalo de uso, é a confrontación e o engano. Un ejemplo claro da falta de modelo de cidade deste goberno que leva anos cambiando de fins para unha instalación que cada ano sufre máis deterioro. Faise urxente que o goberno municipal cumpra o acordo e aporte os fondos comprometidos para que o Cuartel de San Fernando sexa unha realidade.

 

ZONA RURAL:

O Concello de Lugo despreza continuamente aos veciños do rural e á Xunta de Galicia. Ten o compromiso do goberno autonómico para financiar o 70% dunha infraestructura moi necesaria para a parroquia de Esperante pero non avanzan na xestión. Unha nova mostra da falta de traballo e da desidia que impera na administración local.

 

PLANTA BIOGÁS:

A administración local é una das tres que ten que intervir no procedemento e é a que corresponde avaliar a idoneidade do emprazamento, con exclusiva competencia sobre o outorgamento da licenza. Abonda con que amose a súa dispoñibilidade para indicar outro sitio mellor.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies