
Presentamos diferentes liñas de axuda para apoiar a dixitalización e innovación, as reformas para modernización de locais e sostibilidade ambiental dos establecementos comerciais. Tamén se afondou na convocatoria que se vén de publicar dun programa do Instituto Galego da Vivenda e o Solo relacionado coa mellora da accesibilidade. As axudas se concederán por concorrencia non competitiva ata esgotar o crédito. O prazo para presentarse remata o 26 de abril, na seguinte ligazón podes atopar máis información.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250319/AnuncioC3Q2-130325-0003_gl.html
Este tipo de encontros son fundamentais para poñer en valor o traballo da Xunta en favor do comercio local, fomentar a empregabilidade e axustar a oferta e a demanda mediante a formación á carta.
As diferentes liñas de axudas son compatibles entre si e teñen como obxectivo facilitar a adaptación do comercio local á nova realidade e ás tendencias de consumo, apostando por un modelo innovador, moderno e sostible que impulse a competitividade do sector en Lugo.
O Partido Popular seguirá organizando actos informativos e accións na rúa de diferentes temáticas nos distintos distritos da cidade. Este dirixido ao comercio de proximidade é o terceiro que se organiza o primerio foi no distrito un, na zona centro; o segundo no distrito 2 (Fontiñas) e este no barrio da residencia en colaboración coa Asociación de Veciños e Comerciantes de San Antonio.