
Queremos agradecer á Xunta o seu compromiso por aumentar o solo industrial en Lugo. Hoxe é un día importante para o futuro económico da nosa provincia. A licitación do proxecto de urbanización de dúas novas fases do Parque Empresarial das Gándaras que se anunciou esta mañá suporá:
✅ O crecemento dun 28% do polígono, sumando 1.601.663 m².
✅ Mellora das infraestruturas e a accesibilidade para atraer máis empresas.
✅ Consolidación desta zona industrial como un motor económico de referencia en Galicia.
Ademais dos investimentos no polígono das Gándaras, a Xunta segue apoiando ás empresas con bonificacións do 50% no prezo do solo industrial en toda a provincia e con investimentos en melloras para os polígonos.