Urbanismo

Ameijide: “A crise das licenzas ten bloqueados 64 millóns de € de investimento privado en Lugo polas 240 licenzas pendentes”

By 22 Xaneiro, 2023Sin comentarios

Antonio Ameijide explica que en tan só dous anos o Concello de Lugo viu como caia nun 10% a petición de licenzas no municipio (pasando das 370 solicitudes de 2022 ás 333 de 2022) mentres no resto de concellos aumentan as peticións

O goberno de Lara Méndez ven de escribir un novo capítulo no seu libro de total e absoluta falta de transparencia tras negar na comisión do venres os datos sobre licenzas pedidos polo PP para, logo, maquillalos e ofrecelos aos medios de comunicación.

Para Ameijide ter 240 licenzas, segundo os datos ofrecidos polo goberno de Lara Méndez, paradas supón bloquear un investimento privado de 63.840.000€ no municipio. Un dato que os populares obteñen xa que en 2022 o investimento medio por cada licenza concedida foi de 266.000€.

Recordan no Grupo Popular que esta semana, á xunta de goberno local unicamente se levaron tres peticións de licenza, a pesar de que en Lugo a espera media é de 428 días, no eido urbano, e de 590 días, na zona rural.

Unha situación de bloqueo que está a provocar que moitos proxectos de vida e empresariais escollan no mellor dos caso concellos limítrofes ao de Lugo nos que non se poñen trabas ás peticións de licenza. Un dato que se apoia en que nos dous últimos anos a solicitude de licenzas baixou un 10% no Concello de Lugo(en 2020 370 peticións por 333 en 2022), mentres que no resto de concellos está a aumentar. Pero no peor dos casos, estes proxecto foxen cara outras cidades lonxe de Lugo.

Un risco moi elevado xa que ter paradas 66 licenzas de primeira ocupación supón que non se poidan vender inmobles, que non se poida residir neles e que tampouco se poidan poñer en marcha novos negocios para os que foron construídos, “bloqueando así aínda máis a economía de Lugo”.

Estes datos que analizan os populares son os ofrecidos pola alcaldesa aos medios de comunicación, pero os concelleiros do Grupo Popular acudirán mañá ao servizo correspondente para estudar detidamente a información xa que “tememos que os datos se deron maquillados, ofrecendo a mellor versión para non danar máis a imaxe de Lara Méndez e o seu goberno”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies