Economía

Ameijide: “A desidia do goberno local obriga a pagar no que vai de ano máis de 9 millóns de euros en facturas con reparos de legalidade”

By 13 Xullo, 2017Xullo 18th, 2017No Comments

O voceiro municipal del PP Antonio Ameijide afirma que “a falta de capacidade de xestión que evidencia o goberno local segue a pasar unha factura desorbitada ás arcas municipais. Se sacaran os contratos a licitación podería acadarse un aforro dun 25%”

O voceiro municipal do Partido Popular Antonio Ameijide denunciou esta mañá que “a deixadez do goberno local do Concello de Lugo obrigao a seguir pagando só no que vai de ano 9.440.666,60€ en facturas con reparos de legalidade. Non podemos permitir que se siga pagando a empresas sen contrato. Se o goberno local fixera o seu traballo e sacara adiante os diferentes contratos podería xerarse un aforro dun 25%”.

Antonio Ameijide ve moi grave que “de seguir a este ritmo a final de ano gastarase máis do 20% do orzamento municipal en facturas con reparos de legalidade. Isto pode desembocar en case 20 millóns de euros a empresas sen contrato cando remate o ano”.

Segundo Antonio Ameijide “é moi grave que os funcionarios fagan a súa parte do traballo pero que, por culpa do equipo de goberno, segue todo o Concello bloqueado. Os lucenses merecen un goberno que se preocupe por eles e que traballe polo benestar dos lucenses”. Ademais, o voceiro municipal popular engadíu que “a falta de capacidade de xestión que evidencia o goberno local segue a pasar unha factura desorbitada ás arcas municipais e iso é algo que non podemos permitir”. Unha falta de xestión do goberno local que, segundo Ameijide, “chega a tales límites que non son capaces de aprobar os pregos para os novos contratos e, os únicos que sacan, como o dos museos, queda deserto porque non interesa ás empresas. Estamos ante unha situación límite e o goberno local ten a obriga de reaccionar dunha vez polas boas ou polas malas”.

Antonio Ameijide explicou que “a maior parte dos gastos vaise en auga. Case dous millóns de euros destináronse a pagar ás empresas que xestionan os servizos da EDAR e da ETAP. Ademais, en iluminación van máis de 700.000 euros, en limpeza de centros municipais máis de medio millón de euros.. e así poderíamos seguir ata chegar aos máis de 9 millóns de euros que levamos en medio ano”.

SERVICIO IMPORTE (€)
Atención público museos 95.526,41
Escuelas infantiles 294.316,67
Guindastre 295.471,81
Auga 1.873.407,53
Limpieza centros municipales 522.544,71
Iluminación 739.120,56

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies