EconomíaTransparencia

Ameijide: “Lara Méndez pecha o seu mandato como empezou, con cero proxectos executados e unha orda de mentiras bautizadas como orzamentos”

By 15 Febreiro, 2019No Comments

O voceiro do Grupo Municipal do PP Antonio Ameijide denuncia que Lara Méndez volve a amosar a súa soberbia e falta de vontade de diálogo para que Lugo poida ter uns orzamentos negociados que “beneficien á cidadanía”, o que demostra que a rexedora xa está de “recollida” e que o único que quere é “tentar colar as últimas mentiras” aos lucenses xa que non ten ningún proxecto que presentar aos cidadáns

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, denunciou a “falta de diálogo” de Lara Méndez para negociar os orzamentos do Concello de Lugo para este ano.

Antonio Ameijide explica que “o pouco que sabemos deste proxecto” é polas declaracións da alcaldesa que recollen os medios de comunicación, unha rexedora “en minoría e que xa está de retirada” porque “non tivo nin ten vontade” para sentarse a falar dun proxecto de orzamentos Lugo.

O voceiro popular asegurou que Lara Méndez e o seu equipo “xa están de retirada” e “non están lexitimados” para negociar uns orzamentos que “nunca tiveron vontade de executar”. Ameijide refírese aos catro anos de Lara Méndez á fronte do Concello de Lugo, tempo no que “foi incapaz” de executar ningún dos proxectos que anunciou, como a peonalización de Quiroga Ballesteros, o remate da biblioteca da Piringalla, os aparcadoiros disuasorios, a reorganización do transporte ou a pasarela sobre a N-VI. “Lara Méndez tenta agora, á desesperada, perpetrar o enésimo engano á cidadanía lucense para tentar vender ese argumento durante a próxima campaña electoral porque non ten ni un só proxecto realizado nestes catro anos que presentar aos lucenses”, afirmou o popular.

Ameijide explica que agora Lara Méndez decátase de que “perdeu” catro anos de oportunidades pero que “non ten escusas” porque foi o goberno local “é o único culpable” de non investir na mellora de Lugo, pese a que o Concello gozou dunha economía saneada durante todos estes anos.

O voceiro popular tamén acusou a Lara Méndez de “falta de lealdade institucional” ao non negociar co grupo maioritario da oposición os orzamentos do Concello. Para Ameijide é curioso escoitar a Pedro Sánchez acusar de “falta de lealdade” aos grupos de esquerdas no Congreso por non apoiar os seus orzamentos, cando Lara Méndez “nin ten a intención” de buscar os apoios necesarios para aprobar as contas municipais.

Por iso, o voceiro popular insta a Lara Méndez a que comece a recoller o seu despacho e deixe de seguir mentindo aos lucenses, xa que “merecen” un equipo de goberno que se preocupe de verdade polos cidadáns e por mellorar os servizos que o Concello pode dar e por impulsar un Lugo mellor.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies