InfraestruturasProposición

Apoio unánime da corporación a elaborar un Plan de Actuacións na rede de drenaxe que evite inundacións

By 29 Xuño, 2017Sin comentarios

En Lugo hai unha serie de puntos nos que se repiten as inundacións e onde, cada vez que hai fortes precipitacións ou trombas de auga, se inundans baixos e garaxes ou se apoza a auga en vías con tránsito de vehículos co conseguinte risco que supón para a seguridade vial … Un mal deseño das rúas e a falta de mantemento son os principais motivos polos que se producen estas situacións.

Dende o Partido Popular presentamos unha iniciativa para que se faga un mapa cos puntos negros ou críticos con risco de inundacións no municipio, e en base aos datos de intervencións de bombeiros, policía local, enxeñería, queixas cidadás…  concretar os puntos nos que este Plan debe actuar.

En canto ao plan de actuación poderíase executar en 3 direccións:

  • Análise do deseño destes puntos, plantexando a necesidade ou non de redeseño da vía.
  • Estudo dos elementos de drenaxe, plantexando a posibilidade de modificacións de tamaños, formas , número de elementos e mesmo tipoloxía.
  • Plan de mantemento periódico do drenaxe superficial en Lugo, reforzando o mesmo nos puntos críticos da rede de drenaxe. Mesmo sería preciso, cando haxa previsión metereolóxica de grandes precipitacións ou tormentas, levar a cabo unha revisión e reforzo da limpeza dos sumidoiros e rede de drenaxe nos puntos críticos detectados no municipio.

Por todo elo o Grupo Municipal do Partido Popular considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal ACORDE:

Que o Concello de Lugo, leve a cabo as medidas necesarias para implantar un Plan de actuacións na rede de drenaxe para evitar as inundacións en Lugo.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies