Medio Ambiente

Aprobada a iluminación do paseo de Ombreiro proposta polo PP

By 24 Novembro, 2016Sin comentarios

Visto bo da corporación para iluminar o paseo de Ombreiro coñecido como “ruta do ecolóxico”. Todos os grupos políticos, excepto Ciudadanos, votaron a favor.

A práctica de actividades deportivas así como de ocio nas zonas verdes vai medrando ano tras ano no noso municipio, dúas das principais zonas nas que se leva a cabo este tipo de actividades de lecer podemos atopalas tanto no Paseo de Ombreiro como no do Miño.

O paseo do Miño conta con tramos que actualmente carecen de iluminación como por exemplo o que vai dende o Balneario ata o restaurante O Muiño de aproximadamente uns 400 metros de lonxitude. Esta situación repítese tamén no Paseo de Ombreiro, que discorre pola marxe da LU-P-2902 nun tramo duns 2,3 quilómetros.

A instalación dunha iluminación axeitada no Paseo do Miño e de Ombreiro permitiría mellorar o atractivo destas zonas, xa que son numerosas as persoas que os utilizan tanto para pasear como para realizar actividades deportivas como correr ou andar el bicicleta.

Esta medida serviría para aumentar a seguridade dos usuarios, permitindo ademais que se poidan utilizar estes paseos nas últimas horas do día, incluso en horario nocturno, incrementando desta forma as posibilidades de lecer, especialmente nas estacións de outono e inverno, nas que escurece máis cedo, incluso antes de que a maioría dos lucenses saian dos seus traballos e poidan practicar actividades deportivas neste entorno.

Por outra banda é necesario mellorar o firme dos sendeiros e das zonas verdes, aumentando deste xeito a seguridade e xerando novos espazos de esparexemento. No caso do Paseo de Ombreiro faise necesario acondicionar un espazo protexido, incluso nalgúns puntos segregado para os peóns xa que na actualidade carece do mesmo en moitas zonas o que orixina problemas de seguridade para os peóns ao verse obrigados a invadir a calzada en moitas ocasións.

Por todo elo o Grupo Municipal do Partido Popular considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal ACORDE:

  1. Instar ao Goberno Municipal a que inicie os trámites para mellorar a iluminación do Paseo do Miño nos tramos que falta, especialmente entre o Balneario e a coñecida como a Ponte Branca, así como o acondicionamento e mantemento adecuado dos sendeiros.
  2. Instar ao Concello de Lugo a que en colaboración coa Deputación Provincial adopte as medidas necesarias para dotar de iluminación o Paseo de Ombreiro, que discorre paralelo a LU-P-2902, así como o acondicionamento dun espazo reservado que garanta a seguridade dos peóns.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies