OutrosProposiciónServizos sociais

Aprobada a proposta do PP para que se recoñeza o traballo das mulleres a favor do municipio

By 22 Febreiro, 2018Sin comentarios

Aprobada, malia os votos en contra en contra do BNG e ACE-EU, a proposición do PP na que se pide que se recoñeza o traballo e o talento das mulleres a favor do municipio.

Un dos piares fundamentais na construción das políticas de igualdade é a necesidade de garantir o acceso, a permanencia e a promoción no emprego en iguais condicións de oportunidades, así como garantir a elección libre de proxecto de familia e a compatibilidade deste co desenvolvemento profesional.

A conciliación, tradicionalmente, foi entendida como un ámbito a resolver polas mulleres, tamén moitas e, aínda na actualidade, víronse na tesitura de escoller entre a súa vida profesional e a familiar.

Hoxe en día, a conciliación e a xestión de traballos e de tempos é un problema que debe ser resolto tanto polos homes coma polas mulleres e, debe ser facilitado e impulsado polas distintas administracións. A tal fin, a Xunta de Galicia ven de convocar, unha liña de axudas para as entidades locais de Galicia, cuxo obxectivo enmárcase no compromiso formal e prioritario da Unión Europea dende a entrada en vigor do Tratado de Ámsterdam, onde se recolle como un eixo fundamental e irrenunciable, a consideración da igualdade entre homes e mulleres como un obxectivo horizontal chamado a integrar a totalidade das políticas da Comunidade, o que significa a aplicación do principio de igualdade de trato nos diferentes ámbitos; isto é: a loita contra a discriminación por razón de sexo no  acceso o emprego, a progresión na carreira profesional, a conciliación da vida laboral e a vida privada, e a promoción de igual remuneración por igual traballo, así como a loita contra todas as formas de discriminación e a promoción da igualdade de oportunidades.

Na Estratexia europea 2020, por un crecemento intelixente sustentable e integrador, tamén se destaca a necesidade de desenvolver políticas que promovan a igualdade entre sexos co fin de incrementar a participación da poboación laboral, contribuíndo así ao crecemento e á cohesión social.

Así pois, a liña de axudas da Xunta de Galicia ás Entidades Locais, ten por obxecto facilitar a implantación de programas e medidas de igualdade no ámbito local, como son os programas de fomento da conciliación, sempre que os seus obxectivos respondan ao fin de fomentar a corresponsabilidade entre mulleres e homes a través da conciliación dos seus tempos persoais, laborais e familiares; así como os Bancos de tempo, coa finalidade de facilitarlles ás persoas un sistema articulado de intercambio destinado a subministrar servizos e/ou coñecementos, entre mulleres e homes dun contorno dado, cuxa medida é a hora de tempo.

Falamos tamén, nun chanzo máis, de corresponsabilidade, entendendo esta como a participación alícuota dos distintos membros das unidades de convivencia nos traballos domésticos e de coidado.

Por outro lado, é de vital importancia traballar na sensibilización social en relación coas vantaxes dunha organización social corresponsable e das medidas para a harmonización da vida privada e laboral, así como na paternidade responsable, exemplificado no uso de medidas e permisos de conciliación por parte dos homes, que deben ser promovidos e fomentados. Pero pese a que se teñen dado pasos por parte de todos os axentes implicados que sen dúbida contribúen a avanzar neste eido, é necesario seguir profundizando e mellorando na planificación das políticas de igualdade.

Resulta imprescindible e necesario, que o asociacionismo feminino e a administración vaian da man no traballo en prol da igualdade, e para iso deben establecerse medidas que aseguren a súa pervivencia e sustentabilidade económica e xeracional, e que faciliten as súas importantes actividades, que reverten non so as súas asociadas senón en toda a sociedade. Neste senso, é necesario tamén destacar o papel de cohesión e sonoridade destas asociacións, que constrúen e articulan auténticas redes de colaboración que reforzan e dan continuidade ao traballo colectivo en prol da igualdade.

 

Por todo elo, o Grupo Municipal do Partido Popular que subscribe considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal ACORDE:

 

  1. Instarao Concello de Lugo a:
  • Profundizar na transformación dos valores que reproducen a desigualdade de xénero, a través de campañas e accións de sensibilización e información o conxunto da cidadanía sobre as vantaxes sociais da conciliación corresponsable.

 

  • Poñer en valor e dar visibilización a contribución feminina neste concello, a través da posta en marcha dun programa anual de recoñecemento ao labor, traballo e talento das mulleres que contribuíron o desenrolo cultural, económico e social de Lugo.

 

  • Promover unha comunicación libre de mensaxes e imaxes que reproduzan estereotipos de xénero e potenciar a transmisión de contidos que fomenten a corresponsabilidade, coa implicación dos diferentes axentes.

 

  • Consolidar un sistema de apoios á conciliación dirixidos á atención á infancia, ao coidado de persoas maiores, persoas con discapacidade e/ou situación de dependencia en colaboración ca Xunta de Galicia.

 

  1. Así mesmo, instar ao Concello de Lugo a dirixirse á Xunta de Galicia e instala a:
  • Continuar e mellorar as liñas de axuda para as Entidades Locais en colaboración ca Federación Galega de Municipios e Provincias, co obxectivo de mellorar os recursos a disposición da cidadanía en prol da Igualdade de Xénero.

 

  • Seguir na procura do fortalecemento do tecido asociativo feminino en xeral e, moi particularmente no ámbito rural, a través de liñas de axudas e programas.

 

  • Realizar campañas de divulgación e visibilización da contribución das mulleres galegas nos ámbitos da cultura, a ciencia, o deporte, así como noutras especialidades, como referentes necesarios para a sociedade en xeral e a mocidade en particular.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies