Sen categoría

As pantallas e os 2 tótems táctiles de información que adquiriu hai dos anos o concello son un exemplo de despilfarro

By 24 Setembro, 2023Sin comentarios
  • Coas respostas que nos deron na Comisión se confirma que o bipartito despilfarrou 50.000 € nas dúas pantallas dixitais que hai no Edificio de novas tecnoloxías, así como nos dous tótems que estan no CEI Nodus que se adquriron hai dous anos para impulsar o  comercio e hostalaría local.

 

  • Nas pantallas nin se actualiza o material, nin están funcionando correctamente e con respecto aos tótems que estaba previsto que se colocasen no casco histórico se indicou a respostas do PP que non os van a trasladar ata que rematen as obras.

 

  • Tamén resulta moi preocupante que por unha falta de planificación non se cubrira unha praza dunha persoa que se xubilou e que estaba atendendo nos pisos de acollida a mulleres víctimas de violencia de xénero. O máis grave é que o bipartito non ten ningunha previsión para reforzar este servizo.

 

Tamén solicitamos ao bipartido máis axilidade á hora de pagar as axudas nominativas ás entidades sociais. Ainda que sabemos que o concello ten de prazo ata o 31 de decembro para aboalas cremos que non ten sentido que proxectos que están xustificados dende hai meses segan agardando. Pedimos ao bipartito axilidade no pago ás 8 entidades sociais que neste momento están sen cobrar.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies