Sen categoría

Cabarcos: “Repiten os mesmos erros de sempre: sen planificación e sen participación”

By 14 Febreiro, 2025Sin comentarios

O Grupo Popular pediu hoxe acceso ao proxecto para a zona norte e valora “cos datos que trascenderon nos medios de comunicación” o contido do plan

  • O PP resume nun decálogo dez curiosidades do Plan da Zona Norte de Alvarellos baixo o título de “cando prometer sae gratis”

O vicevoceiro popular, Ramón Cabarcos, criticou que o proxecto para a zona norte repite os mesmos erros que o do Corazón Verde: foi deseñado sen contar coa participación da corporación nin da veciñanza, aos que simplemente lles informan unha vez xa está feito.

Dende o Grupo Popular pedimos acceso ao expediente porque, aínda que sempre aplaudiremos que chegue investimento a Lugo, é fundamental priorizar. O problema é que os gobernos do PSOE e BNG levan anos despilfarrando en proxectos sen utilidade real nin valor engadido para a cidadanía, como as Caldas do Miño, o carril bici sen uso, o coliving ou o Impulso Verde.

As “curiosidades” do Plan Novo Norte de Alvarellos: cando prometer sae gratis

 

🔹 14 anos e 8 promesas incumpridas na Milagrosa O barrio leva desde 2011 escoitando os mesmos anuncios de plans de rehabilitación que nunca se materializan. O único que cambia son as datas e os titulares, pero as solucións seguen sen chegar.

🔹 O goberno local presume dunha financiación europea que nin sequera ten asegurada e promete completar eses fondos con 8 millóns de recursos propios que din non ter cando se trata de facer inversións, por iso seguen endebedando o Concello. Xa vimos onde rematan estes plans: co Cuartel de San Fernando quedaron sen un só euro dos fondos prometidos, igual que coas axudas dos PERTEs para a mellora da xestión da auga.

🔹 Anunciar un tren eléctrico para “dinamizar o turismo, o comercio e a hostalería” soa máis a episodio cómico que a proxecto serio para Lugo. Outro gasto absurdo nunha zona que precisa solucións reais para a seguridade, a mobilidade e o aparcamento, non atraccións de San Froilán fóra de temporada.

 

🔹 Hortos urbanos VIP? Outra promesa de luxo. Seguen adiante coa idea de gastar 700.000 € en 74 hortos urbanos xunto ao Impulso Verde. Un exemplo máis de como este plan Novo Norte prioriza gastos superfluos en vez de atender as necesidades reais da cidade.

 

🔹 Zonas cubertas? Primeiro que se poñan de acordo. Agora prometen espazos peonís cubertos, pero cando o PSOE quixo cubrir Quiroga Ballesteros, o BNG dixo que non o faría. Un exemplo máis da incoherencia, improvisación e a total falta de entendemento dos socios do goberno local.

 

🔹 Sensores de aparcamento… outra vez? En 2020 xa gastaron 267.000 € en sensores para 200 prazas de estacionamento na contorna do Parque Rosalía e no parking do seminario con fondos europeos. Nunca chegaron a funcionar. Agora, prometen o mesmo nunha zona máis amplia e de maior dificultade para controlar.

 

🔹 Bicis eléctricas? En 2007 investiron 117.600 € no préstamo de bicis Rebicíclate. En 2011 suprimírono “temporalmente” e nunca máis se soubo. A día de hoxe, aínda quedan bases abandonadas.

 

🔹 Pasos de peóns intelixentes? Primeiro que fagan funcionar os que xa existen. Os pasos de cebra con sensores e luces LED non son ningunha novidade en Lugo. De feito, xa instalaron un en Ronda do Carme en 2021… e segue sen funcionar correctamente.

 

🔹 Humanizar é pensar nas persoas! Queren converter a Avenida da Coruña nun bulevar con carril bici, pero sen ofrecer antes alternativas de estacionamento. En Lugo, a mobilidade sostible non se logra eliminando aparcadoiros sen máis, senón cunha circulación fluída e opcións cómodas para os vehículos. Facer cidade é planificar con sentido, non improvisar.

 

🔹 Proxectos tecnolóxicos que tiñan no caixón desde unha nova app municipal (cando non son quen de facer funcionar a do bus) ata colectores intelixentes ou placas solares (como as do parque de enerxías alternativas do Ceao).

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies