- Os populares lamentan que coa proposta para ubicar esta nova dotación o PSOE sexa como o perro do hortelano “que nin come, nin deixa comer”
- Elena Candia ve na reacción negativa dos socialistas un reflexo da falta de modelo de cidade que teñen “non foron quen de prever esta alternativa e arremeten contra o PP por buscar solución a unha necesidade, sen pronunciarse sobre si se suman a unha medida tan ben acollida polos profesionais e a sociedade en xeral”
XOVES 01.11.2023
- Trala reunión mantida co Conselleiro de Facenda, Miguel Corgos López eloxiou a visión de cidade e a capacidade de planificación de Elena Candia e amosou o seu apoio á proposta dos populares para facilitar os espacios de titularidade da Xunta ao Estado para que dispoña do inmoble completo do edificio da Ronda, número 131, para acondicionar a nova Comisaría da Policía Nacional.
- Hai que lembrar que a Xunta é a titular do a 4º e o 5º andar, cunha superficie de 160 e 546,67m2 respectivamente. Dende hai anos, que ambos pisos están baleiros e non hai previsión de que se necesiten estes espazos.
- Na primeira, segunda e terceira planta do Edificio de Obras Públicas hai oficinas con servizos que dependen do goberno central (costas, confederación, telecomunicacións e obras públicas) e que se poderían trasladar ao edificio da actual Comisaría da rúa Chantada cuxo propietario é tamén o Estado
- Unha vez baleiro o edificio enteiro de Obras Públicas se podería reconverter na futura comisaría da Policía Nacional resolvendo os problemas de espacio que teñen na actual sede, e desbloqueando unha vella demanda do persoal
- A proposta do PP dá resposta ao compromiso “de buscar unha ubicación da Comisaría da Policía Nacional na contorna do barrio da Residencia; é unha alternativa sostible e moito máis áxil que a de construír un novo edificio e ademáis non se perderían fondos que hai consignados para este exercicio polo goberno central para reparacións nas actuais dependencias.