- Os populares explicaron que o goberno local rexeitou reservar fondos en 2024 destinados a dotacións para o coidado de fillos e fillas de traballadores e empresarios así como para renovar as tubaxes da rede de subministro
- As entidades ou particulares interesados en enviar emendas aos orzamentos de 2024 teñen de prazo ata o día 22 teñen para presentar alegacións
DOMINGO 21 DE XANEIRO 2024
- Durante a xuntanza celebrada coa nova directiva da Asociación de empresarios do CEAO-Gándaras a voceira popular explicou as emendas propostas polo Grupo Municipal aos orzamentos municipais para mellorar os servizos en ambos polígonos
- Elena Candia explicou que se solicitaron fondos para a creación de dotacións para o coidado dos fillos e fillas dos traballadores e empresarios destas zonas industrias así como a Renovación das Tubaxes do polígono do Ceao, ambas peticións son reivindicacións dos emprendedores e das persoas que traballan nestas zonas industriais.
- Vanse cumprir case 3 anos do incendio do CEAO e ainda non se cambiou a rede de subministro tal e como aconsellanban os informes técnicos nos que se indica que “a antigüidade das tuberías podería xerar problemas na presión hidráulica recomendando realizar cambios nesta infraestrutura”.
INFORMACIÓN AXUDAS DA XUNTA
- Este encontro coa nova directiva empresarial de As Gándaras -CEAO tamén serviu para trasladarlles información das diferentes liñas de axuda para atracción de investimentos, con achegas de ata o 35% a fondo perdido para proxectos empresariais superiores a 800.000€ ou as axudas directas a concellos para a mellora dos polígonos industriais.
OUTRAS DEMANDAS
Outras cuestións que os empresarios do CEAO e Gándaras seguen demandando son: poñer en marcha o sistema de videovixilancia para mellorar a seguridade do polígono, máis zonas de aparcamento; mellorar o transporte público xa que “as liñas de autobuses actuais non se adaptan ás rutinas dos seus traballadores e usuarios”, mellorar a recollida de residuos; incrementar a limpeza e mantemento de viais e crear puntos de recarga para vehículos eléctricos.