Sen categoría

Candia: nunha análise rápida “é máis do mesmo” e se entramos no detalle “imos a peor”

By 26 Abril, 2024No Comments

26 DE ABRIL DE 2024

  • Elena Candia explicou que “probablemente a forma que entrou a alcaldesa no goberno, sen presentarse, sen gañar nada e froito da xenerosidade de 5 renuncias xustifica a súa forma de traballar: de costas á cidadanía, alonxada do persoal do concello e podendo deducirse dos seus feitos o seu descoñecemento da cidade.

 

  • “Onte dicía que chegou hai 3 meses pero todos sabemos que leva 59 meses, e que estivo en primeira liña como responsable de dúas das áreas máis importantes do Concello: persoal e urbanismo das que agora quere desentenderse”

 

  • A popular tamen ironizou con que “Alvarellos presume de pronto pago e onte pagan unha factura cunha cantidade importante, que recoñecía adeudar do ano 2022, entre outras”

 

  • Elena Candia enumeraba outros asuntos que seguen paralizados:

 

  1. Urbanismo (atasco de licenzas, sen atención presencial, a primeira decisión que toma é contratar ao Dto. Xeral de urbanismo 74.000 €)
  2. Retroceso da área social (grandes listas de espera con exemplos de ata 2 meses e medio no Centro do Sagrado Corazón e unha media nos restantes entre un mes e mes e medio)
  3. Ten un rural esquecido: nin fai, nin deixa facer (12 obras paralizadas)

 

  • Temos unha alcaldesa sen ideas que pretende paliar a falta de proxectos con eufemismos “onte apuntaban que nos edificios sen uso se implante o modelo de autoxestión”.

 

  • Sorprende que a alcaldesa destaque dos 100 días como traballo institucional un encontro accidental na toma de posesión de Alfonso Rueda co Ministro de Fomento. O que botamos en falta é un encontro co Pte da Deputación para tratar asuntos nos que ambas institucións teñen competencias: Protectora, infraestruturas viarias ou a apertura do aparcadoiro do Centrad.

 

  • Paula Alvarellos bateu o récord de privatizacións en tres meses licitou servizos esenciais como o SAF  (33.9M€); Xantar no Fogar (500.000 €) ou a reparación da fugas de auga as noites e en festivos (100.000€)

 

  • Outra das características que aflorou neste periodo é a súa falta de talante: todos os sindicatos, de forma unánime, alzaron a voz en contra da súa xestión (denunciaron conxuntamente o ninguneo da alcaldía e anunciaron movilizacións senon lles pagan máis dun millón de euros que se lles adeuda aos empregados). Candia insistiu en que ao PSOE caeulle a “O” de obreiro.

 

  • Nestes tres meses tamén se recolle o froito da súa xestión como o novo varapau xudicial  pola cobertura do posto da xefa de arquitectura Esta falta de talante tamén a aplica coa oposición obrigándonos a ir á Valedora do Pobo por impedir entrar no auditorio. Ata en 3 ocasión tivemos que solicitar o acceso.

 

  • Paula Alvarellos, non só a nivel interno ten unha actitude pouco dialogante, senón que tamén está na folla de ruta da nova alcaldesa a confrontación coa administración autonómica buscando a crispación e o ataque gratuíto ao PP.

 

  • É unha alcaldesa que improvisa: eliminación da seguridade no vello cárcere (pedimos que rectifiquen) ou o bando das terrazas sen aprobar previamente a ordenanza prometida hai anos. Tamén fai gala dunha falta de planificación: o auditorio que está listo para abrir pero sen data para que os lucenses o poidamos disfrutar.

 

  • E por último amosa a súa incoherencia: o seu é un “ecoloxismo de titular”. Perdeu unha ocasión de demostrar o seu compromiso co medio ambiente unha vez desmontadas as mentiras a conta da protectora.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies