Sin categoria

Candia: “o goberno local presume de ecoloxista e logo fai todo o contrario do que di eliminando árbores sen xustificación e reducindo zonas verdes”

By 10 Abril, 2024No Comments

MÉRCORES 10 DE ABRIL DE 2024

 

A popular lamenta a “hipocresía ambiental” socialista nacionalista e a súa “insensibilidade no tratamento do arborado da cidade”.

 

  • Un último exemplo a tala de árbores centenarias no parking de Santa María. Un expediente que incumpre a ordenanza ordenanza de parques, xardíns e arboredo urbano do ano 2008.

 

  • O concello fixo unha deixadez de funcións incumprindo varios artigos desta normativa: no artigo 30 indícase que “a corta de árbores require de licenza ou autorización municipal para a boa conservación e mantemento das diferentes zonas verdes urbanas” e, “é evidente que se podería estar incumprido a norma, non só por estar prohibida a tala de árbores sen autorización expresa (artigo 32); senón tamén por non ter solicitado licenza, cando a creación ou reforma de zonas verdes está suxeita a licenza municipal (artigo 33)”

 

  • “É necesario un proxecto específico sobre o arboredo; así coma a aprobación municipal tralo informe dos técnicos (artigo 4)”. A propia ordenanza esixe que “nos aparcamentos de superficie que se constrúan haxa presenza de árbores (artigo 24)”. Ademáis no artigo 7 se insiste en que “os promotores de proxectos de ordenación urbanística procurarán o máximo respecto ás árbores e ás plantas existentes”

 

  • Por outra parte, dende o Grupo Municipal seguimos agardando polo informe de MEDIO AMBIENTE que solicitamos o 12 de marzo e que certifique que as árbores da rúa Montevideo estaban mal e que había que cortalas. Todo apunta a que non se facilita este texto porque non existe

 

  • Tamén lamentamos que socialistas e nacionalistas permitiran o maltrato das árbores da cidade durante as obras de peonalización (é doado ver material de construción apoiado en troncos) ou a  substitución de arborado en Lamas de Prado, Camiño Real … por xardineiras que presentan un aspecto descoidado por falta de mantemento; ou incluso a eliminación dalgunhas de porte en diversas intervencións urbanas como a contorna da igrexa do Carme …

 

  • E, por último, non hai que esquecer que arrincaron árbores en Río Ulla, Germán Alonso e López Guntín para facer o carril bici.

 

  • A voceira popular Elena Candia conclúe que “estamos diante dun goberno que presume de sostenibilidade pero o seu ecoloxismo e respecto ao medio ambiente só se ve no edificio Impulso Verde e nun carril bici que ninguén usa”.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies