Persoal

Candia: “o PSOE xa non é obreiro e o BNG segue de perfil ata nos dereitos dos traballadores”

By 12 Abril, 2024Sin comentarios

VENRES 14 DE ABRIL DE 2024

  • A voceira popular Elena Candia afirmou que “ao PSOE hai moito tempo que lle caeu a “O” de obreiro e o BNG ponse de perfil en decisións estruturais como é a xestión de persoal”.

 

  • “O único posto que lles preocupa e que lles interesa a socialistas e nacionalistas é o do seu sillón” engandindo que “en materia de persoal o Concello de Lugo está “xestionando como unha patroal rancia, nin escoita, nin cumpre a palabra dada”

 

  • A popular lembrou como o Partido Popular apoiou nos encontros que mantivemos cos representantes dos traballadores, (tanto antes como despois das eleccións os últimos celebrados o 16 de novembro e o 2 de febreiro), as diferentes reinvindicacións que os sindicatos (CSIF, CC:OO, CIG, UGT, AFI-USO e SPPLB) onte, de forma unánime, denunciaron

 

  • Candia manifestou que os traballadores foron pacientes xa que moitas das reivindicacións que onte puxeron riba da mesa veñen do ano 2019 rexeitando as acusacións de deslealdade coas que o goberno local lles replica.

 

DESVÍO DE FONDOS DE PERSOAL A OUTROS GASTOS

 

  • Durante o 2023 o goberno local derivou 1.2 M€ da partida de persoal  para outros gastos “pouco transparentes e de dubidosa necesidade que deberían estar  planificados con antelación” como por exemplo: o anticipo de caixa de 5.000 € para gastos de alcaldía; os 96.026 € para equipamento e mobiliario de Impulso Verde; 17.950,62 € centro de control móbil para videovixilancia do San Froilán ou os 36.058 para o Mercado Navideño.

 

  • No que levamos de 2024 tamén quitou, desa mesma partida case 000 € que lle correspondían ao persoal para cuestións como pago de facturas de gas ou para facer o prego  do mantemento dos parques infantis. É dicir, desvían diñeiro  para pagar  servizos que están privatizados.

 

  • Estas prácticas confirman que “socialistas e nacionalistas cando gobernan fan todo o contrario do que dicen nos seus programas, e do que demandan onde non gobernan”

 

VALORACIÓN SENTENZA DEMOLEDORA URBANISMO

 

  • Candia tamén valorou última sentenza demoledora, que vén de perder o Concello de Lugo, sobre a cobertura do posto da xefa de arquitectura manifestando que “a xestión de PSOE e BNG é ou ben INACCIÓN ABSOLUTA (onte o refrendada pola rolda de prensa de todos os sindicatos do Concello), esperando a que as cousas se solucionen por si soas, ou ben cando toman unha decisión fanno para impedir que a xente traballe.

 

  • Para a popular esta forma de actuar do goberno local en materia de persoal obriga aos afectados a acudir aos tribunais. O Concello de Lugo perde, de forma sistemática, as sentenzas polo que os lucenses teñen que pagar as súas decisións erróneas.

 

  • A popular insistiu en que no caso do posto da xefa de arquitectura, un área que é vox populi que esta bloqueada, queda demostrado tras ler a sentenza que “o goberno local impediu que unha persoa tomara posesión de forma intencionada”.

 

  • Por último Candia remataba a súa comparecencia invitando á alcaldesa a que “asuma responsabilidades por este novo varapau xudicial” e recoñeza que “o seu erro con esta funcionaria” lembrando que  ela era a responsable de urbanismo cando tiveron lugar estes feitos.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies