Transparencia

Candia: “para conseguir un Concello áxil e eficiente precísase manter un diálogo permanente e real cos traballadores municipais”

By 19 Xuño, 2023Sin comentarios

A voceira do Partido Popular arranca a semana cun programa de visitas aos diferentes departamentos para presentarse, brindar a colaboración do Grupo Municipal, escoitar aos traballadores municipais e coñecer de primeira man as necesidades de cada área

Esta mañá quedou constituído o Grupo Municipal e entregouse en actas a documentación da súa composición logo da reunión de traballo que mantiveron os novos edís populares.

Esta mañá a voceira do Grupo Popular xunto co vicevoceiro popular iniciou unha rolda de visitas aos diferentes departamentos municipais para presentarse e poñerse a disposición dos traballadores do Concello. Os primeiros contactos foron co secretario e co interventor do concello.

Durante os próximos días o equipo de Elena Candia visitará o resto de dependencias municipais para coñecer as necesidades que ten o persoal da casa así como brindar a colaboración do Grupo Popular para impulsar medidas que redunden nunha mellora das prestacións á cidadanía.

AXENDA POPULAR

Esta semana tamén vanse reanudar os encontros veciñais cunha xuntanza o xoves ás oito no barrio de A Ponte; tamén haberá visita ao barrio do Sagrado Corazón e esta mesma tarde se vai constituír a primeira Mesa Sectorial de Migración na que participarán diferentes entidades que promoven accións cos colectivos de distintos países que residen en Lugo.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies