A voceira do Grupo Popular quixo coñecer a postura do Conselleiro de Sanidade sobre o futuro do consultorio de Nadela e asegurarse da continuidade deste servizo.
No encontro que mantivo co titular de Sanidade “confirmou que se recuperará a atención aos pacientes deste núcleo no consultorio á volta do verán”
Elena Candia agradeceu a Julio García Comesaña a palabra dada “que supón unha tranquilidade para a veciñanza que está preocupada pola situación do consultorio trala xubilación, en abril, do seu médico titular”
De xeito temporal para dar cobertura ás necesidades do consultorio de Nadela se están atendendo desde xullo aos pacientes no Centro de Saúde de Fingoi. Os meses anteriores había consultas en Nadela tres días á semana durante 4 horas co obxecto de garantir á atención aos pacientes deste núcleo.