Cultura

Candia respalda o proxecto da Fundación VACAN “cuxo obxecto é preservar e conservar o legado de Vázquez Cereijo”

By 3 Agosto, 2024Sin comentarios
  • A popular afirma que iniciativas como esta, impulsada por un particular,  suplen á administración local asumindo a iniciativa privada responsabilidades que debería atender o goberno

 

  • Agradeceu “a implicación e colaboración de María Astorgano como peza indispensable neste proxecto “ e resaltou que xunto a Anne Nikitik, viúva do artista “é responsable e forma parte da riqueza do legado que deixou o artista”

 

SÁBADO 3 DE AGOSTO DE 2024

A voceira do Grupo Municipal, Elena Candia, e o concelleiro Agustín Gallego visitaron a sede da Fundación VACAN un proxecto que nace co obxecto de conservar e difundir o legado do artista José Vázquez Cereijo

Candia dixo que considera moi interesante esta iniciativa avanzando que conta co respaldo do seu grupo xa que “este espazo non só preserva a memoria e o talento de Vázquez Cereijo, senón que tamén podería favorecer a investigación e a creatividade” engadindo que “iniciativas como estas enriquecen a Lugo e manteñen viva a nosa identidade cultural”.

O espazo, que se acondicionou  nuns locais situados na Rúa del Prado, mostra pezas da súa obra e tamén obxectos da súa colección privada. Entre os tesouros que puidemos ver hai gravados, xoguetes antigos, libros infantís, partituras e outras moitas curiosidades relacionadas coa cultura galega do xéculo XX e XIX.

A popular destacou a importancia de descentralizar a cultura e levala aos barrio como o da Milagrosa, onde se precisa fixar actividade e poboación

Durante a visita, Anne Nikitik,  encargada de promover e custodiar toda este patrimonio fixo de guía e compartiu connosco que “outro propósito da Fundación VACAN é impulsar actividades de estudo e investigación en todos os campos da cultura, especialmente no da pintura, o gravado e a poesía”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies