Sen categoría

Candia reúnese cos Colexios Profesionais de Lugo para identificar oportunidades e contar coa súa opinión no deseño de políticas locais

By 6 Abril, 2024Sin comentarios

 

  • Estes encontros individuais enmárcanse dentro da programación de traballo e de #Escoita Activa que leva a cabo a voceira do Grupo Popular para coñecer as necesidades, preocupacións e perspectivas de diversos sectores
  • Con respecto ao Colexio de Veterinarios salientou que “non foi casual iniciar os encontros con este colectivo xa que “estamos nun concello rural onde o seu compromiso coa sanidade animal e, polo tanto humana, é fundamental” subliñando que o Colexio presidido por José Luis Benedito é “o cuarto de España deste sector que suma 150 integrantes”
  • Tamén indicou que co seu labor, o Colexio de Veterinarios contribúe ao renome do noso municipio e a nosa provincia, onde contamos cunha facultade de recoñecido prestixio neste ámbito.
  • A xuntanza co Colexio de Médicos tamén serviu como toma de contacto para presentarse e poñerse a disposición deste colectivo así como para pedir opinión para identificar e abordar diferentes problemáticas do ámbito local.
  • No encontro de traballo co Presidente do Colexio de Médicos Eduardo Iglesias e co secretario Juan José López Díaz, a popular destacou o esforzo e a adicación destes profisionais e fixo un recoñecemento ao seu traballo dándolle os parabéns polo 125 aniversario que cumpre este verán o Colexio, unha entidade que conta con 1.800 membros.
  • Durante esta xuntanza Elena Candia referiuse ao compromiso da Xunta en mellorar as infraestruturas sanitarias de Lugo lembrando os 12M€ que se investiron para facer o primeiro Centro Integral de Saúde de Galicia do Barrio da Residencia; a reforma integral do Centro de Saúde da Milagrosa cun orzamento de 3.1 M€; ou investimentos que superan os 10M€ en equipamentos para equipos de alta tecnoloxía hospitalaria no HULA.
  • A popular agradece a boa acollida das directivas tanto do Colexio de Veterinarios coma do Colexio de médicos coas que xa mantivo xuntanzas de traballo. A vindeira semana a voceira popular ten programados novos encontros con representantes dos Colexios Profesionais dos Avogados, Economistas e Graduados Sociais.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies