Medio AmbienteUrbanismo

Utilizaron Evislusa de guía turístico do Impulso verde en lugar de aproveitar o seu potencial para fomentar a rehabilitación na Milagrosa ou o Centro”

By 23 Marzo, 2024Sin comentarios

O informe anual de 2023 reivindica unha Evislusa dinamizadora lamentando que “a Empresa Municipal do Solo de Lugo esté INFRAUTILIZADA e que só obedeza a encomendas de xestión limitándose a tarefas administrativas como resolucións das axudas municipais ao aluguer, ou burocracia para recibir fondos europeos de rehabilitación”

Os populares foron críticos con que Evislusa “destine recursos sen ter encomenda de xestión ou encargo que lle permita facer de  guía turístico do edificio multiecolóxico  Impulso Verde”.

A xuizo da voceira popular hai outras prioridades lembrando como a Empresa Municipal do Solo, que ten recursos humanos e un orzamentos duns 210.360,06 €, debería desempeñar un papel máis activo na promoción de accións para incentivar a recuperación de inmobles ou para construír vivenda, tal e como figura no Artigo 2 apartado D dos seus estatutos.

Hai que lembrar que a Empresa Municipal do Solo pode levar a cabo accións para introducir vivendas no mercado tal e como se recolle no artigo 2 dos seus estatutos apartado D no que se explica que Evislusa ten capacidade para promoción, construción e rehabilitación de toda clase de bens inmobles, destinados a servizos e usos públicos e a actividades industriais, terciarias e resindenciais incluídos os comprendidos no artigo 140 da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia”.

Petición concentrar esforzos   en redactar as bases para tramitar as axudas á rehabilitación (p.23 do informe de Xestión)

 Os populares poñen na diana outras afirmacións do informe de xestión de Evislusa onde se recolle que “a finais de 2023 se inicia a redacción da proposta de bases reguladoras para Rehabilitación do casco histórico” certificando a advertencia que fixo o PP de que, se a estas alturas, non hai nin convocatoria, nin bases que regulen as intervencións para rehabilitar vivendas no recinto amurallado poderíamos poñer e risco as axudas de Europa.

Hai que lembrar que  o remate do prazo para a adxudicación dos proxectos é o 31 de decembro de 2024, e que en xuño de 2026 conclúe o prazo para finalización das obras de rehabiltación.

Outra afirmación que para o PP é preocupante é a confirmación neste documento oficial de que “hai un descenso do número de solicitudes da petición das axudas para facer obras dentro de murallas” certificando o que o PP vén alertando “de que a zona non é atractiva para investir polas diferentes trabas burocráticas e os eternos retrasos nas tramitacións de licenzas por parte do goberno socialista-nacionalista de Lugo”. Un dato obxectivo que avala esta situación de parálise do urbanismo témolo na Tineria onde a Xunta de Galicia agarda dende hai 16 meses a que o Cocello responda a petición para rehabilitar nº18 e o 22 da rúa catedral.

 No informe de xestión de Evislusa tamén se reflicte que o 50% das familias que solicitaron axudas para o Programa Municipal de aluguer municipal  QUEDAN FÓRA.

No Partido Popular estamos preocupados polas familias que o goberno local deixou fóra das axudas do programa municipal de  aluguer.

No informe de Evislusa se informa que na convocatoria de 2023, á que se destinaron 210.000 € para este concepto,  se presentaron 275 peticións e que se concederon 136 quedando sen achegas para o aluguer preto do 50% das persoas que pediron esta asistencia.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies