Lugo en marcha

Carballo anuncia a posta en marcha dun Plan de Impulso do comercio de proximidade cuatrianual

By 14 Decembro, 2018No Comments

O candidato do PP de Lugo á alcaldía propón a posta en marcha dun Plan de Impulso ao comercio de proximidade cuatrineal baseado en tres liñas estratégicas, que se desenvolveran entre o ano 2019 -2023, e que ten por  obxectivo “favorecer o desenvolvemento e a consolidación do comercio de sempre nos diferentes barrios do municipio”.

Nese senso, recalcou que hai que aproveitar as sinerxias do Xacobeo 2021 e, por iso, o primeiro eixo pivotará sobre unha serie de iniciativas relacionadas co Camiño Primitivo destacando a creación dunha liña de axudas para a creación de negocios relacionados co camiño primitivo.

O segundo dos eixos deste Plan de apoio ao comercio de sempre é prestar unha especial atención ao comercio do casco histórico xa que “consideramos que este sector contribúe a transmitir ao turista a imaxe do que é Lugo”. Por ese motivo levaremos a cabo unha mellora da accesibilidade coa posta en marcha dun plan especial de tráfico para facilitar a rotación de vehículos “implantaremos a gratuidade da ORA e ampliaremos as prazas dos aparcamentos municipais”. Tamén crearemos un catálogo de comercios emblemáticos no casco histórico que teña por obxecto a protección e posta en valor do comercio tradicional e que sirva como reclamo turístico y cultural da cidade. Outro aspecto que contribuirá a mellorar a estética do centro é a tan necesaria actualización do PEPRI.

O terceiro bloque de medidas aglutina varios puntos relacionados con axudas municipais directas para o comercio local, formación e reciclaxe ás Novas Tecnoloxías, guías de compras ou apoio ao relevo xeracional.

O candidato popular enunmeraba outras medidas encamiñadas á apoiar ao pequeño comercio como:

– Posta en marcha dun Plan de incentivos fiscais dirixido á atracción de novas empresas xeradoras de emprego, con bonificacións para as licenzas de apertura, obras e no imposto de actividades económicas, así como a taxa de lixo.

– A rebaixa no imposto do IBI a propietarios de locais pechados que permitan a colocación, nos seus escaparates, de vinilos decorativos ou de publicidade institucional (eventos municipais ou promocións do comercio local) coa finalidade de mellorar a imaxe e fomentar que se recupere e dinamice a zona.

– Impulsar  programas de formación e de reciclaxe relacionadas coa dixitalización e cunha programación adaptada que se impartirá no Edificio de Novas Tecnoloxías. Compartimos a tese dos comerciantes de que hai que “convertir en oportunidade o reto do uso das novas tecnoloxías” e, nese senso, o alcaldable anunciou que

– Activar a mesa de comercio local que na actualidade non é operativa nin cumpre o papel de órgano de consulta e participación dos comerciantes.

– Simplificación de trámites administrativos que dependen do Concello.

– A implantanción dos plans de apoio ao traballador autónomo e ás pymes, para favorecer a sostenibilidade dos negocios familiares

– Elaboración dunha guía do comercio de proximidade de hostalaría.

Durante a xuntanza o candidato á alcaldía referiuse á crise das luces navideñas lamentando que “pola ineficiacia do goberno socialista Lugo sexa a única cidade de Galicia sen luces de Nadal”. Carballo considera o apagón navideño como un dos exemplos máis gráficos dunha alcaldesa que é incapaz de xestionar unha cuestión tan previsible como esta “recriminádolle o dano infrinxido ao comercio local polo retraso, inxustificado, das luces navideñas”.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies