Outros

Carballo apela á responsabilidade de quenes pensaron en clave de partido e non de cidade para que formen goberno

By 26 Xuño, 2019Xullo 24th, 2019No Comments

Tal e como se acordou esta mañá nunha reunión de traballo Ramón Carballo Páez será o voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no concello de Lugo, o voceiro adxunto será Antonio Ameijide e as voceiras suplentes María del Carmen López Silva e Beatriz Vázquez Belda.

Canto ás responsabilidades por áreas o reparto queda do seguinte xeito:

  • Ramón Carballo (voceiro) levará directamente Economía, persoal, seguridade e convivencia
  • Antonio Ameijide (voceiro adxunto) fiscalizará as áreas de urbanismo, mobilidade e medio ambiente
  • María del Carmen López Silva asumirá benestar e igualdade
  • Cristina Abades Martínez as carteiras de infancia, xuventude, e maiores;
  • Beatriz Vázquez Belda vaise encargar de turismo e cultura
  • Javier Vázquez Prado responsabilizarase de educación.
  • Sagrario Sánchez Ramil fiscalizará o funcionamento deservizos xerais
  • Oscar Poy asumirá a carteira de deportes
  • Manuel López mantén a delegación da zona rural
  • Rafael Pérez Prados controlará a área de infraestructuras.

 

Tras explicar este reparto o voceiro popular asegurou que  “seremos rigurosos e traballaremos nunha triple liña: accións de fiscalización e denuncia pública, propostas en positivo e moito contacto cos veciños e entidades do ámbito social, empresarial, deportivo … para non perder a perspectiva dos problemas reais que vivimos os lucenses”.

Ramón Carballo manifestou que o traballo de fiscalización non impedirá que “que a relación co goberno sexa  dialogante” matizando que agarda que o respecto institucional sexa recíproco tendo en conta que somos o grupo maioritario da corporación”. Nese senso lamentou que “mal empezamos cando a alcaldesa é incapaz de recibirnos logo de que pasasen dez días dende a toma de posesión” unha actitude que para Carballo supón “unha falta de cortesía política”.

Trala reunión que se celebrou hoxe para definir a estructura do Grupo os populares manifestaron que lle resultan “chamativas as présas que se deron PSOE e BNG para chegar a acordos,  co único obxectivo de impedir que gobernase a lista máis votada, fronte a lentitude, agora, a poñer en marcha o concello” apelando á “responsabilidade de quenes pensaron en calve de partido e non de cidade para que formen goberno”.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies