Lugo en marcha

Carballo asegura que xa traballa para recuperar o apoio dos lucenses e gobernar Lugo

By 29 Abril, 2019Maio 8th, 2019No Comments

O candidato á alcaldía de Lugo felicita ao Partido Socialista e anuncia que “dende, a posición de privilexio que ten Lugo, comezo o meu traballo para gobernar o municipio con decisión, cun proxecto claro e con obxectivos definidos para acadar o vindeiro 26M os votos suficientes para poñer a #Lugoenmarcha”

O candidato á alcaldía do Partido Popular puxo de manifesto que tanto el, como a maquinaria popular do municipio de Lugo, “traballan xa para recuperar o apoio dos lucenses que nestes últimos comicios non respaldaron a opción do Partido Popular”.

Ramón Carballo felicitou aos gañadores das eleccións xerais e explicou que o novo mapa electoral “ten que servirnos de aliciente para traballar, ainda máis duro se cabe, para achegar a nosa mensaxe aos cidadáns e para conseguir dárlle a volta aos resultados obtidos onte o vindeiro 26M”.

Carballo apelou á responsabilidade do PSOE cos lucenses agardando que “sexa un goberno para todos e que cumpra con Lugo como se merece”. “Esixiremos que Sánchez goberne para todos e que as promesas electorais socialistas con Lugo se cumpran” concluiu.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies