Sen categoría

Carballo dice que con el respaldo del rural Lugo es la 1ª fuerza de la provincia y asegura que “con su trabajo y fuerza” se recuperará Ayuntamiento y Diputación el próximo 26M

By 5 Maio, 2019Maio 22nd, 2019Sin comentarios

Cerca de 300 mujeres y hombres arroparon hoy al candidato a la alcaldía del PP en la XI edición del almorzar del rural demostrando el músculo del Partido a cuatro días del comienzo de la Campaña de las Elecciones Municipales

O alcaldable do Partido Popular empezou o seu discurso dando as grazas á xente da zona rural pola súa fidelidade “dende que Fraga creou o Partido Popular somos, grazas ao voso apoio, a primera forza política na provincia”. Ramón Carballo eloxiou a unión e a forza dos homes e mulleres das parroquias de Lugo “vós sodes a esencia do Partido Popular, vós sodes o Partido Popular. E iso nin cambiou nin vai cambiar por moito que enreden os que levan anos e anos querendo ver morrer ao PP”.

O alcaldable foi moi explícito cando se referiu a posición centrista do PP como o terreo propio dos galegos “somos os de sempre, e agora que tocan eleccións locais imos gañar como sempre”. Carballo amosou o seu convencemento de que co esforzo de todos “igual que conseguimos ser nas Xerais a primeira forza política da provincia, tamén seremos capaces de conquistar Concello de Lugo e na Deputación” por iso insistiu na necesidade de traballar xuntos.

Carballo explicou que “sabedes son home prudente, centrado e nada dado aos excesos” engadindo que é necesario e posible chegar ao goberno do Concello e a Deputación xa que “temos que gobernar para que todos os lucenses vivan mellor e todos teñan, teñamos, as mesmas oportunidades. Para que o mundo rural non viva peor que o mundo urbano; para que o mundo rural poida ser un lugar de traballo tan ben conectado mediante as novas tecnoloxías como a cidade; para que os nenos e os maiores do ámbito rural non teñan menos oportunidades que os da zona urbana”.

Durante a súa intervención tamén fixo mención ao esperpéntico  espectáculo que deron esta semana na deputación os socialistas e, tamén, lamentou as desfeitas do goberno de Lara Méndez asegurando que “non teño estómago para aguantar máis trapalladas de Lara Méndez no Concello. Chegou o momento do cambio, e somos nós os que tempos que empuxalo”.

Neste xantar popular tamén se fixo entrega do Primeiro Premio Serafín Pena Souto que recaeu en Xenética Fontao “unha empresa que está na parroquia de Esperante de gran prestixio nacional e internacional, e que conta con innumerables recoñecementos polo seu traballo de investigación en reproducción animal de vital importancia para o desenvolvemento gandeiro”

Como remate Ramón Carballo expresou a súa ilusión e ganas de chegar ao goberno de Lugo utilizando a frase do fundador do PP, Manuel Fraga, Traballar é vivir  e “con ese espírito, iniciamos a carreira cara o 26-M”.

A presentación do acto correu a cargo de Manuel López que enumerou as principais problemáticas da zona rural axudado polas testemuñas de varios homes e mulleres que falaron, en primeira persoa, das necesidades que teñen nas súas aldeas e de como queren que sexan as súas parroquias. A Presidenta Provincial, Elena Candia, pechou a rolda de intervencións poñendo en valor a importancia do rural na provincia de Lugo.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies