Tras coñecerse que o bigoberno se nega a convocar a mesa das ordenanzas para consensuar a actualización das taxas e prezos públicos para o vindeiro 2020 o PP acusa a PSOE e BNG “de practicar unha política de tiranía en vez de buscar consensos co principal grupo da oposición e que máis concelleiros ten a corporación”
O PP acusa ao bigobergo de practicar unha política de tiranía en vez de buscar consensos tras coñecerse, por unhas declaracións da concelleira de economía, que non van a convocar a mesa para falar da actualización das ordenanzas para o vindeiro 2020.
O voceiro popular afirma que o PSOE coa complicidade do BNG está actuando de forma “déspota” co principal grupo da oposición e que máis concelleiros ten na corporación.
Ramón Carballo cuestionou a decisión do bigoberno, que se nega a debatir o contido do borrador de ordenanzas, afirmando que “está claro que a estratexia do bigoberno é tomar decisións a golpe de imposición e de improvisación; están adoptando unha posición rupturista rexeitando calquera tipo de consenso”.
Carballo dixo que o PSOE “incrementou a súa postura de soberbia e que o BNG, ao tocar poder, mudou de postura e apoia, firmemente, o sectarismo e o diálogo cero”.
“Nestes catro meses de bigoberno hai antecedentes da súa forma autoritaria de actuar como foi o caso do programa das festas, do que, a pesar de estar na Comisión, nos enteramos das actuacións pola prensa”.
Por último, os populares lamentan “o nulo coñecemento da concelleira de economía dos procementos administrativos” xa que a maioría de propostas das que fala non van a entrar en vigor para 2020. Por outra parte sublimaban como “Paula Alvarellos trata de enganar a todos os lucenses cando afirma que se van mellorar as bonificacións de rodaxe cando a realidade é todo o contrario: propoñen reducir de 5 a 3 anos as bonificacións para os vehículos menos contaminantes”.