O candidato á alcaldía Ramón Carballo, xunto cun cento de veciños e veciñas de Lugo, fixeron hoxe un tramo de oito quilómetros do Camiño Primitivo para visualizar a importancia desta ruta Patrimonio da Humanidade
Lugo non ten nin un minuto que perder para avanzar cara á celebración do Xacobeo 2021” así de rotundo é Ramón Carballo cando fala da promoción do Camiño Primitivo. O candidato do PP asegura que cando sexa alcalde promoverá un progrema de actuacións para pór en valor esta ruta xacobea que cruza de norte a sur a cidade e que pasa por varias parroquias do municipio.
O candidato presentou estas medidas ao inicio dunha camiñata na que participaron un cento de persoas e que comezou na parroquia de Bascuas.
Os peregrinos do Lugo en Marcha co camiño selaron a credencial na igrexa de Santiago de A Nova e a Catedral. O acto rematou cun xantar ao aire libre no entorno do Paseo do Miño no barrio da proxección”.“Tendo en conta que o ano pasado unhas 15.000 persoas escolleron esta ruta está claro que o Concello debe pór os medios necesarios para que o trazado por Lugo sexa un atractivo turístico e un recordo recomendable” concluíu Carballo.
Os populares entenden que é precisa a colaboración institucional para afrontar o Xacobeo 2021 en dúas vertentes, a primeira coa Xunta e, a segunda con cidades como Oviedo, que precede, ou Santiago, que sucede, a Lugo no Camiño Primitivo. “Non se trata de duplicar esforzos ou competir con outras administracións pero pensamos que cada cidade pola que pasa o Camiño Primitivo debe aportar e cooperar na organización de eventos, adecentamento e sinalización da ruta ao seu paso polo municipio así como a colaboración con particulares ou emprendedores que están ao pé do Camiño”
Canto a mellora da imaxe e seguridade do Camiño Primitivo propoñemos humanizar zonas como as escaleiras de San Eufrasio con Fontiñas; a confluencia do Carril das Flores coa Ronda da Muralla ou os pasos soterrados da calzada da Ponte e Louzaneta. Tamén queremos unificar criterios e elaborar un catálogo para as intervencións que se fagan no camiño para evitar os feísmos como a fonte-mausoleo de Bascuas. Outra actuación dentro deste programa de impulso do camiño primitivo é habilitar unha liña de axudas para o arranxo de fachadas das vivendas situadas nos barrios de A Chanca-O Carmen-A Ponte.
Outra demanda a que hai que poñer solución é sinalizar os pasos de peóns nos cruces do Camiño Primitivo coa Ronda do Carmen.
Ramón Carballo tamén suxire que se instale un elemento visualmente atractivo na Praza do Camiño (Fontiñas) para que os peregrinos difundan a idea “de Lugo como punto de partida do Camiño”. Tamén propón que se elaboren novos folletos e a instalación de puntos informativos durante San Froilán e o Arde Lucus así como a promoción en webs especializadas. A mellora da sinalización no tramo urbano do camiño e a colocación de paneis nas estacións de autobús e ferrocarril.
A creación de liñas de axuda para a creación de negocios relacionados co Camiño, a difusión do Camiño Primitivo entre os máis pequenos co apoio dos CEIPs con accións como a creación dunha credencial infantil ou convocatoria de concursos. Tamén en colaboración cos hostaleiros de Lugo organizaremos un concurso de “E-tapas no Camiño Primitivo”, a creación e promoción do menú do peregrino así como unha credencial de tapas polo Camiño que se poida integrar dentro do propio concurso de tapas do Concello. Outra das medidas que impularemos é ofertar aos peregrinos que están en vilas próximas a Lugo como SarriaPortomarín ou Palas de Rei unha proposta atractiva para que se despracen a Lugo nas súas horas de descanso.
Outra das medidas que se propoñen é a de deseñar unha credencial propia que sirva de atractivo para os peregrinos que fagan o Camiño dende Oviedo. Os populares tamén reclaman que se faga un diploma tipo a Compostela, Muxiana ou Fisterrana para aqueles peregrinos que veñen dende Oviedo e pasan pola cidade de Lugo. Outra acción, moi sinxela, sería a de utilizar un selo propio cun deseño ligado á ruta xacobea.