#FacendocidadeTransparencia

Carballo presenta #Facendocidade unha campaña de proximidade para chequear os barrios e parroquias de Lugo

By 20 Xaneiro, 2020Sin comentarios

O voceiro do Grupo Popular xunto co seu equipo de concelleiros anunciou que intensificará as reunións con veciños, entidades sociais e empresariais… co obxecto de trasladar as súas achegas, queixas ou suxestións de forma directa ás comisións, plenos e xuntanzas de ámbito municipal dando voz aos veciños”

O voceiro do Grupo Popular presentou unha nova fase da campaña #Facendocidade que levarán a cabo este semestre “queremos intensificar as visitas a barrios e parroquias así como as reunións con entidades do eido social e económico do municipio”.

“Percorreremos as máis de 650 rúas da cidade e as 54 parroquias do municipio e organizaremos encontros abertos á cidadanía en todos os distritos para dar voz aos veciños e escoitar as súas necesidades e problemas”. “O que queren os veciños é que os políticos non sexamos o problema senón a solución por iso dende o Grupo Popular reforzaremos a nosa presenza na rúa. Queremos que as comisións, plenos e xuntanzas de ámbito municipal sexan foro de debate das necesidades dos lucenses” reflexionou Carballo.

O voceiro popular “lembrou como estamos ante o goberno máis caro da historia, con 26 políticos e asesores a soldo dos lucenses” engadindo que “agora que hai orzamentos non teñen excusas para demorar desperfectos do día a día, ou mellorar as prestacións municipais”.

No PP cumprimos a folla de ruta que marcamos dende un principio. Ademáis de fiscalizar o traballo que leva a cabo o bipartito tamén somos un partido construtivo como así se demostra: presentamos casi unha iniciativa diaria. O vocerio do PP matizaba que dos 12 rogos e das 105 preguntas había cuestións que nos trasladaron directamente os afectados. Ademais destas 127 iniciativas o PP trasladou 18 proposicións ao pleno no que levamos de mandato.

Entre as propostas que fixemos contaron co visto bo do PSOE e BNG estamos a falar de asuntos como a construción dun novo centro de saúde e dun novo pabillón polideportivo, dun sistema de rotación de vehículos ou o acondicionamento aparcamentos disuasorios así como a adhesión a Viogén. “Esperamos agora que non quede en papel mollado e que polo ben dos lucenses cumpran con estes acordos do pleno” concluía o popular.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies