
O voceiro do Grupo Popular saiu ao paso das declaracións do nacionalista Rubén Arroxo sobre o futuro proxecto da estación de autobuses de Lugo. Ramón Carballo considera “un cinismo político” que o BNG poña en tea de xuizo esta infraestructura, mentres que por outra parte, non é quen de esixir, ao partido que apoia en Lugo, o impulso da intermodal ou buscar unha solución a Alcoa
Carballo manifesta que o que non é crible para os lucenses é “a cantinela nacionalista” de que “eles son o garante en Madrid para solucionar os problemas de Galicia”. O voceiro popular poñía en dúbida a súa implicación en calquera destas dúas cuestións insistindo en que “o único real é que o BNG é o partido cómplice necesario para que goberne o PSOE en Lugo” recalcando que “son os socios da sucursal de Pedro Sánchez en Lugo”. O popular manifestou que mentres o PP xestiona a pandemia, o BNG, seguindo o mesmo guión dos socialistas, xa está inmersos na campaña electoral e lle importan máis os titulares e as fotos que a resolución dos problemas que lles preocupan aos lucenses.
O voceiro dos populares no concello de Lugo tamén amosou “a súa sorpresa” pola falta de coñecemento do vicealcalde nacionalista de Lugo sobre os investimentos básicos e prioritarios que impulsou Feijóo na cidade Lugo lembrándolle que “temos un hospital universitario modélico no que se implantaron novos servizos e aparataxe para atención de diferentes especialidades; no barrio da residencia, se se molesta en achegarse, observará xa o avanzado das obras para o futuro Centro Integral de Saúde que revitalizará toda esta zona; xa no barrio de Magoi atopará un magnífico auditorio que dependen dunha das súas áreas de goberno e que son incapaces de poñer en marcha; isto por non falar dos investimentos millonarios en educación coa remodelación do instituto das Mercedes, o novo colexio do Sagrado Corazón ou a apertura dunha nova escola infantil en Garabolos. O voceiro populares tamén destacou os investimentos na conservación da muralla, na rehabilitación da tinería ou na execución do corredor Nadela – Sarria, entre outros.
Por último os populares pídenlle un pouco de autocrítica ao nacionalista Rubén Arroxo e que, antes de mirar para outras administracións, fagan os seus deberes no concello enumerándolles proxectos bloqueados como a praia fluvial, a remodelación do transporte urbano ou a peonalización de Quiroga Ballesteros, entre outros moitos.