Transparencia

Carballo traslada a Candia o traballo “en primeira liña de rúa” que desenvolverá o Grupo

By 30 Agosto, 2021No Comments

Na reunión que se celebrou esta mañá na sede do Partido Popular e na que participaron os concelleiros do PP de Lugo xunto coa Presidenta Provincial

O voceiro do Grupo Popular Ramón Carballo xunto cos concelleiros do seu equipo mantiveron esta mañá unha xuntanza de traballo para pechar o calendario de traballo do próximo cuatrimestre así como para informar á Presidenta Provincial das diferentes estratexias de traballo que se van pór en marcha.

Ramón Carballo incidiu en que o Grupo Municipal estará “en primeira liña de rúa para ofrecer a mellor resposta posible a todos os retos e novas demandas que a pandemia ocasionou no tecido social e económico de Lugo”.

Mentres que Elena Candia destacou que Lugo da o pistoletazo de saída con forzas renovadas e unidade co ánimo de preparar a estructura do partido para conseguir a mayoría necesaria para gobernar na cidade.

Ambos dirixentes políticos manifestaron que “non hai ningunha fórmula maxistral para gañar elección xa que a única receita para conseguir bos resultados é a do traballo organizado, ser útiles aos lucenses e querer a Lugo por encima dos intereses personais”.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies