Sen categoría

Case dous anos perdidos e cero avances: o goberno local segue a bloquear o aparcadoiro disuasorio do Carme con falsas excusas

By 27 Novembro, 2024No Comments

• Os populares lamentan que o goberno local intente xustificar a súa inacción no proxecto do aparcadoiro disuasorio na Rúa Poeta Noriega Varela alegando que a execución desta infraestrutura está vinculada a un convenio asinado no ano 2021 para reparar o tellado da Capela do Carmen.

• O convenio para a creación deste aparcadoiro asinouse en marzo de 2023, de forma independente ao mencionado acordo de 2021 e segundo figura no documento non existe ningún impedimento legal ou administrativo que xustifique que, a día de hoxe, esta infraestrutura siga sen iniciarse.

• O vicevoceiro popular Ramón Cabarcos denunciou “este novo intento de confundir á cidadanía e de faltar á verdade” esixindo “máis solucións e menos disculpas” xa que o aparcadoiro do Carme é “unha infraestrutura prioritaria para Lugo que mellorará a mobilidade na zona e ofrecerá unha alternativa real para suplir a falta de aparcamento que temos en Lugo”

• Para os populares a paciencia dos lucenses ten un límite polo que instan ao bipartido a que se deixe de buscar excusas e cumpra cos seus compromisos.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies