Zona ORA

Castiñeira pregunta ao goberno por que insiste en deixar a ORA a unha empresa

By 1 Outubro, 2015Xaneiro 12th, 2016Sin comentarios

O voceiro do PP, Jaime Castiñeira, afirma que “igual que a ORA foi fonte de corrupción nos gobernos de López Orozco, parece que a nova alcaldesa segue empeñada en continuar coa mesma tónica, polo que terá que explicar que intereses reais a moven”

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular, Jaime Castiñeira, pregunta ao goberno municipal “por que insiste tanto en seguir deixando a ORA en mans dunha empresa privada”, en lugar de apostar por unha xestión municipal e gratuíta.

Nesa liña, Castiñeira afirma que “igual que a ORA foi fonte de corrupción durante os gobernos de López Orozco, parece que agora a nova alcaldesa segue empeñada en continuar coa mesma tónica”, ao tempo que reitera que “tanto se parecen as posturas do novo goberno ás do anterior que ata o borrador das zonas é o redactado hai anos a medias entre a empresa Vendex e Orozco”, no que pactaban a ampliación das rúas con ORA para que a empresa obtivese maior beneficio, tal como transcendeu do sumario da Operación Pokemon. Así, o voceiro dos populares no Concello de Lugo reta á nova alcaldesa a “dicir publicamente cales son os intereses reais que a moven”.

Así mesmo, Jaime Castiñeira recalca que “dende o Partido Popular non estamos dispostos a que a ORA siga sendo un mero instrumento recadatorio en mans dunha empresa que practicamente non aporta nada ás arcas municipais”, polo que defende “outra vez máis, e así o temos recollido no programa electoral co que nos presentamos en maio deste ano, a necesidade de que suprimir a actual zona azul”.

Por outra banda, o popular anima aos socialistas a “participar e traballar conxuntamente nas comisións que se teñen que crear para a modificación da ORA” e recalca que “os 17 votos da oposición suman máis que os 8 do goberno en minoría do PSOE”.

Agradecemento aos outros grupos da oposición.-

Polo demais, o voceiro popular agradece publicamente “o consenso e a boa disposición que amosaron nesta cuestión os outros catro grupos políticos da oposición”, xa que “todos xuntos demostramos que o que nos move, por riba dos intereses partidistas, son os lucenses e poder mellorar a mobilidade e o tráfico” cara a ese Lugo mellor que todos merecemos. Deste xeito, Jaime Castiñeira lamenta que “o PSOE, e especialmente a súa alcaldesa, sigan dándolle as costas a unha postura que comparten todos os grupos políticos e a maioría dos veciños”.  “A ver se aproveitan a visita da corporación de Ferrol agora en San Froilán para convencerse de que hai alternativas”, apunta.

Por último, Castiñeira reitera que “a filosofía que debe rexer o estacionamento é a de garantir a rotación de vehículos, en lugar de que a ORA sexa un instrumento de recadación para unha empresa privada, que é o modelo que defendeu o PSOE de López Orozco e que é o modelo no que agora persevera o PSOE da nova alcaldesa”. “Desgraciadamente, non cambiou nada”, conclúe o popular.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies