Proposición

Comisión de Planeamento | 28-04-16

By 29 Abril, 2016No Comments

O pleno aprobou a convocatoria da Comisión de planeamento para abordar cuestións como as repercusións da nova Lei do Solo e e o futuro do PXOM.

Texto Completo

 O planeamento urbano é un instrumento de desenvolvemento que ten por obxectivo básico clasificar e calificar o solo, garantindo dotacións adecuadas en servizos, infraestruturas e equipamentos, e co fin de dar cumprimento a estes obxectivos creouse no Concello de Lugo unha Comisión de Planeamento que pretende estudar aqueles asuntos de carácter urbanístico que afectan o municipio.

PPLugo, PPdeLugo, Noticias Lugo, Noticias de Lugo, Novas Lugo, Novas de Lugo, Concello de Lugo, Ayuntamiento de Lugo, Ciudad de Lugo, Cidade de Lugo

 

A nova Lei do Solo de Galicia, trouxo consigo unha serie de cambios normativos que requiren o seu estudo na Comisión de Planeamento para analizar a influencia dos mesmos sobre a parte aprobada do PXOM, así como do 5% pendente de aprobación, por outra banda, hai outras asuntos de gran importancia que requiren un seguimento e estudo como é a revisión do PEPRI; a posibilidade de construír un aparcadoiro nas inmediacións do HULA, entre outros.

De igual forma é necesario estudar as posibles repercusións que pode ter para o PXOM de Lugo a Sentenza da Sala Terceira do Tribunal Supremo de 10 de novembro de 2015 que vén de anular o PXOM de Vigo.

O Grupo Municipal do Partido Popular solicitou en dúas ocasións a convocatoria da Comisión de Planeamento a través dun Rogo na Comisión de Desenvolvemento Sostible e Persoal que se celebrou o pasado 18 de marzo, así como a través dun escrito presentado o 11 de abril pero aínda non se convocou.

Por todo elo o Grupo Municipal del Partido Popular considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal ACORDE.

Instar ao Equipo de Goberno a que convoque a Comisión de Planeamento co fin de:

  1. Avaliar a incidencia da nova Lei do Solo tanto sobre a parte do PXOM aprobada como do 5% PXOM que está pendente de aprobar; a posibilidade de construción do aparcadoiro gratuíto fronte ao HULA, entre outros.
  2. Estudar o remate do 5% pendente da revisión do PXOM, así como a posibilidade de iniciar unha revisión do PXOM.

 

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies