Sen categoríaTráfico

A corporación aproba a petición do PP elaborar un plan de tráfico para o centro

By 28 Outubro, 2016No Comments

O sistema de control de acceso ao recinto amurallado empeza a carecer de pezas de reposto polo que urxe deseñar  un modelo de mobilidade que mellore a seguridade vial no casco histórico e que facilite os traballos de carga e descarga.

O Casco Histórico de Lugo concentra os monumentos máis emblemáticos da cidade, centros escolares, un hospital, mercados e numerosos negocios, provocando con elo que os accesos a esta zona da cidade teñan unhas características propias que fan necesaria a adopción de medidas específicas dirixidas á regulación do tráfico, accesos e itinerarios nestas rúas peonís. Nese sentido o proceso de peonalización impulsado polo goberno do Partido Popular na década dos anos 90 foi decisivo para aumentar a calidade de vida dos veciños e para impulsar o comercio e o turismo.

Na actualidade é preciso modernizar e avanzar nos sistemas de control do acceso rodado ao Casco Histórico, que permitan un equilibrio entre os peóns e os vehículos que necesariamente deben acceder ás zonas peonís, reducindo deste xeito o risco de que se produzan accidentes por atropelos, como os acontecidos nos últimos anos ou aglomeracións de vehículos a certas horas do día.

De igual forma é necesario estudar detidamente as zonas delimitadas para a carga e descarga e a necesidade ou posibilidade de aumentar o seu número e as ubicacións, permitindo facilitar estas tarefas, reducindo o tempo necesario de parada dentro dos horarios establecidos e ademais unha vixilancia das normas. Do mesmo xeito sería positivo levar a cabo campañas de concienciación para inculcar un maior respecto ao cumprimento das normas nas rúas peonís.

Por último sería conveniente revisar e estudar a modificación do croquis de circulación que regula os itinerarios para as entradas e saídas dos vehículos no Casco Histórico de xeito que estas sexan o máis seguras posibles para os peóns.

Por todo elo o Grupo Municipal do Partido Popular considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal ACORDE:

Instar ao Goberno Local a que elabore un Plan de tráfico específico para o Casco Histórico, tendo en conta as achegas dos veciños, empresarios, hostaleiros, técnicos e forzas políticas con representación no Concello de Lugo.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies