Sen categoría

Diante das circunstancias excepcionais que vive o concello de Lugo o PP reivindica a política de valores

By 12 Marzo, 2025Sin comentarios

A voceira do PP de Lugo manifestou que “no Partido Popular temos un
proxecto para Lugo e moitas gañas e ilusión por gobernar este municipio e
liderar un cambio” engadindo que “tamén somos persoas con profundos
valores e sentimos un absoluto respecto por unha situación tan triste como a
vivida da que ninguén de nós quixera formar parte”.

Cremos na política con maiúsculas, na política con valores e na política que
sabe responder diante dunha situación tan excepcional e difícil. Elena Candia
concluía cun ofrecemento ao novo alcalde “aquí ten a nosa man tendida para
buscar entendementos en cuestións prioritarias para Lugo”.

Ante estas circunstancias e continuando coa actitude de profundo respecto a
voceira do Grupo Municipal do PP, Elena Candia, destacou a abstención na
votación do candidato á alcaldía.

“Aínda que estamos lexitimados para facelo, porque fomos a forza máis
votada con 12 concelleiros dos 25 da corporación, hoxe descartamos dar
ese paso”, afirmou Candia.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies