Limpeza

O Gmpp esixe un plan de limpeza integral e a desratización inmediata nos barrios e casco histórico

By 3 Febreiro, 2020Febreiro 4th, 2020Sin comentarios

O vicevoceiro popular afirma que hai localizacións “moi sensibles” nas que considera “urxente actuar” porque a aparición de roedores non é un caso illado e afecta a diferentes espacios públicos lembrando como “hai pouco na Fonte dos Ranchos estragouse a rede semafórica porque os ratos comeron o cableado eléctrico”

O Grupo Municipal del Partido Popular esixe  ao goberno local que adopte as medidas necesarias para eliminar aos roedores que proliferan en distintos puntos da cidade. O vicevoceiro popular reclama un plan de limpeza integral e a desratización dos barrios e casco histórico.  Antonio Ameijide explicou que, nos últimas días, veciños de distintos barrios trasladaron o seu malestar pola presenza de ratas no entorno tanto de espacios públicos e solares situados na zona destacando o caso dos roedores que apareceron pola zona de viños do centro”.

Os populares sospeitan que “pola falla de supervisión do goberno local” a empresa concesionaria da desratización non está a facer os reforzos para evitar que aparezan focos de infección matizando que “de non corrixirse a situación estaríamos falando de cuestións máis serias ligadas á salubridade e mesmo á seguridade”. Nese senso lembrou como durante días estiveron sen rede semafórica na Fonte dos Ranchos porque os ratos comeron o cableado eléctrico.

O popular ligaba os problemas de aseo urbano coas consecuencias da folga de recollida de lixo que sufriu a cidade hai anos matizando que “parece que ainda non conseguiron recuperar a normalidade”.

Antonio Ameijide matizou que “posiblemente la presencia de roedores responda non só a un deficiente plan de actuación se non tamén a unha insuficiente limpeza”. Nese senso lamentou “a desidia” do bigoberno na xestión do contrato de recollida de lixo, caducado dende 2017.

Hai que lembrar que os populares reclamaron, en marzo de 2019, un plan intensivo de limpeza de barrios “a iniciativa, malia o voto en contra de PSOE e BNG, saiu adiante co apoio de Lugonovo e Ciudadanos polo que dende o PP “solicitamos que dé cumprimento á proposición para paliar o déficit de limpieza”.

O vicevoceiro popular avanzou que pedirá explicacións  en Comisión sobre a periodicidade coa que se está a facer a desratización “queremos que ver o desglose das actuacións cos partes cubertos pola empresa onde figuren os días, zonas e productos utilizados para facer as desratizacións”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies