O voceiro popular Antonio Ameijide considera “un insulto e unha nova estafa aos cidadáns” a proposta da alcaldesa xa que ela mesma recoñeceu que “non hai ningún informe” e lle pide a Lara Méndez “que frene a súa histeria electoral e que actúe con rigor para evitar novos enredos e riscos á conta da urbanización das costas do parque”
O voceiro do Grupo Popular Antonio Ameijide cualificou o anuncio da alcaldesa desta mañá de declarar zona verde os terreos do Garañón “como unha manobra electoral sen ningún tipo de aval técnico e económico”. Ameijide asegurou que “se trata dun farol para tapar a súa incompetencia para resolver esta aberración urbanística”.
O voceiro popular manifestaba que a proposta da alcaldesa “trátase dun insulto e unha nova estafa aos cidadáns” e lle pedía á alcaldesa “que frene a súa histeria electoral e que actúe con rigor para evitar novos enredos e riscos á conta da urbanización das costas do parque”.Os populares ironizaban con que este anuncio “parece máis unha broma que unha solución real a un problema creado polos seus padriños políticos”.
O voceiro popular insistiu en que é “un atrevemento e unha irresponsabilidade lanzar este tipo de globos sonda sen unha garantía rigurosa de que se poida acometer”. O voceiro popular destacou que “incluso o concelleiro de urbanismo desautorizou á alcaldesa cando na súa exposición inicial dixo que tiraría integramente o Garañón mentres que Piñeiro puxo de manifesto que non había ni proxecto, nin ningún informe técnico nin económico para a demolición do Garañón. Non son capaces nin de poñerse dacordo para soster as súas mentiras”.
O popular manifestou que “todo o que dixo ata o de agora o goberno socialista con respecto a esta urbanización foi mentira, estiveron tres anos intentando culpar a outras administracións”, subliñou Ameijide.
Antonio Ameijide explicou que a petición do seu grupo consta en acta que, a día de hoxe non hai proxectos para a demolición, nin estudos económicos e que tampouco hai documentos que avalen a legalidade, ou a posibilidade de facer esta zona verde, nin cuantifiquen a zona verde que promete a alcaldesa.
O PP foi o primeiro en denunciar “a aberración urbanística das torres do parque” e tamén, o primeiro en reclamar “que se tirasen e gañar máis zonas verdes para Lugo” pero engadiu que antes de dar un paso coma este e arriscar ducias de millóns de euros dos lucenses “temos a obriga de pedir informes e avais técnicos